R Cable explica que só "grupos pequenos" continúan sen Internet tras a avaría e anuncia unha compensación

R Cable informaba a Galiciapress que: "cada unha das liñas vai ter unha compensación dun bono de datos gratis de 20 gigas que se poderá gozar desde mañá ata o 22 de febreiro".


|

Fontes oficiais de R Cable informan a Galiciapress que a avaría no servizo da internet quedou liquidada sobre as 10:10 minutos desta mañá. Iso si, admiten que "pode quedar algún grupo pequeno" sen servizo nalgunha zona pero que o funcionamento "se está recuperando case por completo".


Desde a filial de Euskaltel confirman que o corte se produciu sobre as 8:21 horas desta mañá de xoves. Caeron tanto o internet móbil como o fixo, a través de liña óptica, ao parecer a todos os clientes. O servizo de telefonía e o de televisión "non está afectado".


Euskaltel Taldearen Akziodunen Ezohizko Batzar Nagusia.

Os cambios no accionariado de Euskalet están a impactar en Galicia


Cuestionados por as queixas nas redes sociais de usuarios que ao mediodía seguían protestando, ditas fontes insisten en que "teoricamente debería estar todo recuperando" pero que "a recuperación é gradual, a unhas zonas chega antes que a outras". En todo caso, todo o equipo técnico está "a traballar arreo" para liquidar as incidencias.


A versión de que o servizo se vai recuperando coincide coas análises de sitios especializados en avarías de telecomunicacións. Así, Fing.com apunta a que a caída deixou de ser do 100% ao redor das 10:15 e foi baixando progresivamente ata o 62,5%. Por outra banda, algúns internautas foron capaces de recuperar a conexión cambiando as DNS de R a outras, por exemplo as de Google.


Gru00e1fico de fing sobre a evoluciu00f3n da cau00edda de R Cable




Sobre posibles compensacións na próxima factura pola caída do servizo, ao principio a operadora sinálase que aínda é pronto para abordar este asunto, pero que están "a avaliar medidas". Minutos despues R Cable informaba a Galiciapress que: "cada unha das liñas vai ter unha compensación dun bono de datos gratis de 20 gigas que se poderá gozar desde mañá ata o 22 de febreiro". 


R Cable é unha das maiores provedoras da internet en Galicia. Por tanto, a avaría supuxo un considerable impacto na internet galega. Algo que se deixou ver nas redes sociais, onde numerosos internautas tamén se queixaron do colapso dos números de atención telefónica.




O IMPACTO DO DESEMBARCO DE ZEGONA

Os problemas no servizo de atención ao cliente teñen, ademais da evidente vertente económica, outra vertente social e política.


Euskaltel está inmersa en un proceso de recortes e centralización de servizos, que lle levou a trasaladar ou substituír a boa parte do persoal que operaba en Galicia en aspectos como, precisamente, a atención telefónica a avarías. Unha medida polémica, dado que a orixe do crecemento de R está en unha rede de fibra óptica que no seu día se construíu grazas, en gran medida, a importantes subvencións xestionadas pola Xunta. 





Tales recortes nacen do cambio de equilibrios de poder en Euskaltel. Outrora controlada por capital vasco, hoxe domínaa Zegona. O fondo de investimento británico impulsa unha nova política centralizadora, na que mesmo propuxo vender a rede de fibra óptica que ten en propiedade en Galicia, Euskadi e Asturias. Falouse tamén dunha posible reconversión a unha marca única, substituyendo as actuais R Cable, Euskaltel e a asturiana Telecable por un novo distintito estatal, que puidese ser Virgin.


A operadora foi informando da evolución do incidente a través das redes sociais. A última entrada recomenda aos que aínda non teñan internet no móbil, activar e desactivar o modo avión. 





relacionada Unha avaría masiva deixa temporalmente sen internet a miles de clientes de R Cable

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE