Unha avaría masiva deixa temporalmente sen internet a miles de clientes de R Cable
A filial de Euskaltel leva meses salpicada pola deslocalización de servizos que antes estaban en Galicia e polos plans de vender a fibra óptica instalada grazas ás subvencións da Xunta. A incidencia de hoxe demostra problemas nos servizos de atención ao cliente.
A filial de Euskaltel leva meses salpicada pola deslocalización de servizos que antes estaban en Galicia e polos plans de vender a fibra óptica instalada grazas ás subvencións da Xunta. A incidencia de hoxe demostra problemas nos servizos de atención ao cliente.
Unha "incidencia" afecta o servizo da internet da operadora galega R cable, tanto en conexións fixas como a través do móbil. A propia operadora recoñeceu o problema ás 9:24 horas. Ao redor das 10:15 chegan as primeiras indicacións de que o problema está en vías de solución.
Mapa de Fing.com que describe a caída de R Cable esta mañá en Galicia
Segundo o portal Fing.com, a incidencia empezou sobre as 8:3ou deste xoves. Chegou a alcanzar o 100% dos clientes sobre as 9:15. Ao redor das 10:20 parece que algúns empezaban a recuperar o servizo, pois a afectación baixaba ao 81.25%
As liñas de atención ao cliente sofren problemas de saturación, segundo comprobou Galiciapress. A propia compañía recoñeceuno en Twitter:
O detalle dos problemas no servizo de atención ao cliente é relevante, non só economicamente, tamén socialmente. Euskaltel, propietaria de R Cable, está a subcontratar fóra de Galicia boa parte dos servizos que antes se atendían no país, incluídos os relacionados coa xestión de avarías.
OS CAMBIOS EN R CABLE IMPACTAN EN GALICIA
Isto provocou unha importante mobilización sindical e traballadores, máis tendo en conta que R Cable no seu día lanzou a súa rede de fibra óptica en boa medida grazas a subvencións públicas xestionadas pola Xunta.
Por agora, Eukaltel non rectificou o seu novo rumbo. Desde que un fondo británico, Zegona, arrebatou ao capital vasco o control da operadora, a empresa variou a súa estratexia, reducindo custos e centralizando servizos. Chegouse a expecular mesmo coa desaparición das marcas rexionais (Euskaltel, R Cable, Telecable en Asturias) para adoptar unha única marca para competir en toda España, posiblemente Virgin.
O CABLE GALEGO FINANCIADO CON SUBVENCIÓNS, EN PROCESO DE VENDA
O seguinte paso da nova Euskaltel pode ser a venda de toda a rede de fibra óptica. Iso incluiría os cables instalados en Galica grazas a importantes axudas públicas. Un plan que en Euskadi conseguió frear a parte minoritaria de accionariado local, que aínda controla Kutxabank.
A nova operadora ha ampliado recentemente o seu pacto con Orange para usar a súa rede en todo o territorio español.
Escribe o teu comentario