Losada confirma a disposición do Goberno "para atopar a causa exacta e real" do falecemento do surfeiro Diego Belo
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, confirmou que por parte da embaixada española e o consulado en Filipinas están a levarse a cabo as actuacións pertinentes para coñecer "a causa real" da morte de Diego Belo, o mozo coruñés que faleceu nunha operación antidroga da policía dese país o pasado 8 de xaneiro.

Diego Belo nunha foto das súas redes sociais
A preguntas dos xornalistas, admitiu, tras a chegada do corpo o sábado a Madrid, que os trámites para a repatriación foron "moi confusos" e precisou que a familia está pendente agora de que se conclúa a autopsia encargada por un xuíz da Audiencia Nacional, tras a denuncia presentada pola familia.
Desta autopsia, dixo que se busca "unha segunda opinión" respecto a a realizada con anterioridade en Filipinas con supervisión da Comisión de Dereitos Humanos dese país.
"Imaxino que o xuíz que leva o caso poñerá en mans da familia o corpo e xa farán eles o traslado", expuxo sobre os pasos seguintes para que o corpo de Diego Belo chegue ata a cidade herculina.
Por outra banda, explicou que agora será o tribunal competente o que "marque toda a investigación que se poida realizar desde España". Ademais, ratificou que, a través da embaixada española e do consulado en Filipinas, puxéronse en marcha "comisións". "De interior, de xustiza...", citou, segundo explicou, en aras de aclarar os feitos.
A iso, sumou a que fai a Comisión de Dereitos Humanos de Filipinas "para atopar a causa exacta e real do falecemento de Diego", insistiu nunhas declaracións ofrecidas aos medios de comunicación coincidindo coa súa presenza nunha concentración de condena do último crime machista, o da Pastoriza (Lugo).
Escribe o teu comentario