A Asociación Xustiza para Diego inicia este domingo unha campaña para recadar fondos, con motivo do partido Deportivo-Estremadura, para axudar a conseguir un "xuízo xusto en Filipinas pola súa morte a mans da policía filipina en xaneiro do 2020", segundo informan.
A plataforma ‘Xustiza para Diego’ atende a Galiciapress para denunciar ao Goberno de Filipinas, ao que acusan de asasinar o surfeiro e empresario Diego Bello e esconder o seu falecemento baixo unha falsa operación contra o narcotráfico.
Amigos e amigas de Diego Belo Lafuente, o mozo abatido en Filipinas o pasado 8 de xaneiro pola policía, convocaron unha concentración para este venres co obxectivo de pedir "xustiza", segundo informaron a través das redes sociais e confirmaron desde a contorna da familia.
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, confirmou que por parte da embaixada española e o consulado en Filipinas están a levarse a cabo as actuacións pertinentes para coñecer "a causa real" da morte de Diego Belo, o mozo coruñés que faleceu nunha operación antidroga da policía dese país o pasado 8 de xaneiro.