Recollida de fondos no Deportivo - Estremadura para lograr "un xuízo xusto en Filipinas" polo canteirán Diego Belo​

A Asociación Xustiza para Diego inicia este domingo unha campaña para recadar fondos, con motivo do partido Deportivo-Estremadura, para axudar a conseguir un "xuízo xusto en Filipinas pola súa morte a mans da policía filipina en xaneiro do 2020", segundo informan.




|

A Asociación Xustiza para Diego inicia en Riazor unha campaña para recadar fondo ás portas do proceso para esclarecer o asasinato do galego a mans da policía filipina en 2020.


Campau00f1a diego belo

Campaña do Deportivo na que participou Diego Belo 


A Asociación Xustiza para Diego inicia este domingo unha campaña para recadar fondos, con motivo do partido Deportivo-Estremadura, para axudar a conseguir un "xuízo xusto en Filipinas pola súa morte a mans da policía filipina en xaneiro do 2020", segundo informan.

Esta campaña consistirá na edición e venda de '1906', canción publicada no verán do 2014 "e que por moitos deportivistas está considerada o himno oficioso do Real Club Deportivo", indica.

Para iso, habilitarase a caseta de 'AsistiDÉ', situada nas proximidades da DeporTienda do estadio para a venda do CD. O horario de venda ao público será de 10,30 a 15,00 horas e o prezo de venda será de tres euros. Con posterioridade, haberá unha venda habilitada por Internet.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE