O galeguismo de esquerdas como alternativa de governo

Manoel Barbeitos
Economista

Dias atrás o BNG (neste momento a opción maioritaria no eido do galeguismo), apremado polas urxencias derivadas das (felices) circunstancias persoais da súa portavoz, a punto de dar a luz, anunciaba o lanzamento da candidatura de Ana Pontón a presidencia de Xunta de Galicia. Segundo declaracións propias, ao traveso da súa páxina web, o BNG “considera que hoxe hai unha maioría transversal con votantes de diferentes partidos que identifican a Ana Pontón, como a persoa que lles gustaría que presidise esa Galicia diferente e mellor que reclama unha maioría social neste país”.


Recoñecendo, non podía seren doutro xeito, a lexitimidade desta oferta política cabe, a pesar diso, preguntarse sobre a súa viabilidade, as súas reais posibilidades de éxito. Éxito que se supón, dado o relato político, estaría en acadala presidencia da Xunta de Galicia. Algo que suporía un fito histórico xa que por primeira vez na historia de Galicia estaría ao fronte do goberno galego unha muller que, ademais, é unha galeguista de esquerdas.


A hora de avaliar aquelas posibilidades hai que pararse a analizar os escenarios posibles. Temos un escenario que no seu lado esquerdo aparece ocupado, na actualidade, por catro forzas políticas: PSdeG-PSOE, EN COMÚN, BNG i EN MAREA. Catro organizacións que competirán entre si por ser a forza maioritaria dentro das esquerdas de Galicia. Si repasamos os resultados de tódalas eleccións autonómicas celebradas ao día de hoxe ese obxectivo supón moverse, no mellor dos casos, entre os catrocentos e os cincocentos mil votos. Para mellor comprender a dimensión do reto téñase en conta tanto que o BNG acadou o su mellor resultado no ano 1997 (con X. M. Beiras de candidato) cando chegou aos 395.435 votos, como que nas últimas eleccións autonómicas (2016) baixou aos 119.597 votos con Ana Pontón de candidata.


Evidencias empíricas que parecen apuntar a que dado o escenario actual e o punto de partida o obxectivo fixado polo BNG para as eleccións autonómicas deste ano, acadala presidencia da Xunta de Galicia, está fóra das súas posibilidades reais. Esta fóra das súas posibilidades reais tanto por que o salto sería descomunal (triplicar o número de votos) coma por que esixe que as outras forzas das esquerdas (moi especialmente o PSdeG-PSOE) teñan unha especia de desfeita


Evidencias empíricas que parecen apuntar a que dado o escenario actual e o punto de partida o obxectivo fixado polo BNG para as eleccións autonómicas deste ano, acadala presidencia da Xunta de Galicia, está fóra das súas posibilidades reais. Esta fóra das súas posibilidades reais tanto por que o salto sería descomunal (triplicar o número de votos) coma por que esixe que as outras forzas das esquerdas (moi especialmente o PSdeG-PSOE) teñan unha especia de desfeita electoral. Algo que, hoxe por hoxe, non resulta crible aínda que en política todo é posible.


Pero que pasaría si se mudara o escenario?. Que pasaría si, por caso, o galeguismo político non concorrira dividido?. Que nos di a historia?. A historia dinos que o galeguismo de esquerdas foi a opción das esquerdas mais votada nas dúas ocasións xa citadas (1997 e 2016). Que hoxe nin o escenario nin os actores son os mesmos para pensar en repetir algunha das dúas experiencias. Que a pesar diso si hai razóns para crer que segue habendo un electorado galeguista maioritario ou cando menos moi relevante.


De que se trata entón?. En primeiro lugar de rematar dunha vez co demencial enfrontamento cainita e recuperar politicamente a imaxe plural e amable do galeguismo que é propio da sociedade galega. En segundo lugar dar forma e contido políticos a ese galeguismo de esquerdas que non gusta de dogmatismos nin de personalismos como podemos comprobar de cotío nas rúas de Galicia. Finalmente perfilar tal alianza coa vista posta nas inminentes eleccións autonómicas.



Acto de presentación del BNG de Ana Pontón como candidata a la presidencia de la Xunta

Pontón na súa presentación como candidata

1 Comentarios

1

Alucino, o BNG superando-se no otimismo ou propagandismo, tês muita razão no artigo e aínda olhando o grande êxito do BNG devido á necessidade do seu voto para a investidura, os dado são os que são, não há que esquecer que En Común tem claramente mais influência (ainda a sua baixada ganhada a pulso tem o dobre de presença no Congreso e pôr cima uma ministra), a única possibilidade remota é a volta, coma diz no artigo, ao nazonalismo amável, demais são elucubrações que não levam a nenhuma parte

escrito por CarlosGV 22/Xan/20    10:09 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE