Unha empresa promete billetes a 0,99 euros para viaxar a Lisboa, Porto e Braga en bus

No caso de que se esgote a dispoñibilidade de billetes para un día en particular, Flixbus di que existe a posibilidade de facer a reserva para o día anterior ou para o día seguinte.  Galiciapress comprobou, por exemplo, que non hai billetes a 0,99 entre Santiago e Lisboa ningún día deste mes, pero á primeira hora do martes si os hai desde Vigo ou A Coruña; tamén no roteiro Pontevedra-Porto.  Moitos dos billetes máis baratos implican coller o bus en horario nocturo. "Viaxar de noite ofrece vantaxes como aforrar en aloxamento, gozar do día no lugar de destino e durmir para que a viaxe sexa máis tranquilo", razoa a compañía.


|

A compañía Flixbus promociona "viaxes por 0,99 euros a Francia e Portugal" para superar a costa de xaneiro. No caso de Galicia, os roteiros son a Portugal.


Así, a empresa promete conexións entre desde A Coruña a Lisboa e Porto; desde Santiago de Compostela a Lisboa, Porto e Braga; desde Vigo a Lisboa e Porto e finalmente desde Pontevedra a Porto. Os billetes desta promoción "xa están dispoñibles para viaxar entre o 7 e o 31 de xaneiro". 


Un autobu00fas da compau00f1ou00eda Flixbus nunha imaxe promocional

Un autobús da compañía Flixbus nunha imaxe promocional


Non todos os billetes destes traxectos están en oferta, puntualiza a operadora. No caso de que se esgote a dispoñibilidade de billetes para un día en particular, Flixbus di que existe a posibilidade de facer a reserva para o día anterior ou para o día seguinte. 


Galiciapress comprobou, por exemplo, que non hai billetes a 0,99 entre Santiago e Lisboa ningún día deste mes, pero á primeira hora do martes si os hai desde Vigo ou A Coruña; tamén no roteiro Pontevedra-Porto. 


Moitos dos billetes máis baratos implican coller o bus en horario nocturo. "Viaxar de noite ofrece vantaxes como aforrar en aloxamento, gozar do día no lugar de destino e durmir para que a viaxe sexa máis tranquilo", razoa a compañía.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE