É "Galicia Suma" a clave para que Feijóo manteña a Xunta e Cidadáns Galicia non desapareza?

En Cidadáns Galicia non están polo labor de picar na oferta de Pablo Casado de constituír unha 'Galicia Suma' antes das autonómicas de 2020. Polo menos non por agora. Consultadas fontes oficiais do partido laranxa en Galicia por Galiciapress, remítense ás declaracións da portavoz estatal, que onte cualificó os achegamentos do PP de "bulo".


|

En Cidadáns Galicia non están pola labor de picar na oferta de Pablo Casado de constituír unha 'Galicia Suma' antes das autonómicas de 2020. Polo menos non por agora. Consultadas fontes oficiais do partido laranxa en Galicia por Galiciapress, remítense ás declaracións da portavoz estatal, que onte cualificó os achegamentos do PP de "bulo".



O secretario de organizaciu00f3n de Cidadáns Laureano Bermejo e outros dirixentes durante unha noite electoral

Bermejo, secretario de organización de Cs en Galicia, e outros dirixentes laranxas durante unha noite electoral


Melisa Rodríguez interpreta o cortexo de Xénova como un intento de desviar a atención. Hoxe Inés Arrimadas diralle ao Rey que os laranxas están dispostos a sumarse ao PP, pero tamén ao PSOE, para lograr un executivo en España sen ataduras nacionalistas.


A hipotética creacción dun "Galicia Suma" tampouco é de agrado do PP galego, ou polo menos non o era ata hai poucos meses. Cando Pablo Casado lanzou a primeira ofensiva este verán foron varias as voces que, subindo o ton, lembráronlle a Xénova que en Galicia o PP suma por si mesmo.  


O avance do PP nas últimas xerais ratifica a postura de Feijóo: centrar o discurso do partido, fuxir de competir pola dereita con Vox e tentar seducir a un amplo espectro de vontantes, desde a dereita tradicional ata o centro-esquerda.


Nun acto con Casado da precampaña este outono, Feijóo dixo que "o PP vai ser portavoz dunha Galicia unida" porque "a suma en Galicia é o PPdeG"


As posturas políticas de partida están claras: 'Galicia Suma' só conta co apoio de Xénova como paso previo á súa desexada coalición 'España Suma'. O PP galego, a xestora de Cidadáns España e a cúpula de Cidadáns en Galicia por agora non queren oír falar do negocio.



CIDADÁNS SE VAI SÓ TENO CASE IMPOSIBLE DE ENTRAR NO PARLAMENTO DE GALICIA

Agora ben, estas posturas poden variar a medida que a proximidade das eleccións faga gañar peso á lóxica matématica.


Cidadáns quedou o 10N con 4,32% dos votos galegos. É unha porcentaxe claramente insuficiente para entrar no Parlamento de Galicia. O fraguismo impulsou en 1993 unha reforma electoral que subiu o límite para participar na repartición de escanos do 3% ao 5%. O PP fíxoo por entón para pecharlle as portas a Esquerda Unida e agora esa porcentaxe pódelle pechar as portas ao seu aliado natural.


O certo é que ao PPdeG non lle sobra ningunha axuda para seguir no poder. Nas xerais sumou case o 32% dos votos en Galicia, case os mesmos que os socialistas que, en principio, ademais teñen as portas abertas para  formar un tripartito con Galicia En común (12%) e BNG (8%).


Teniendo en cuenta os fortes rozamentos de Feijóo con Santiago Abascal, ao PPdeG tampouco lle resultaría fácil nin lle sairía gratis un eventual apoio de Vox (7% dos votos o 10N). En definitiva, evitar que os votos laranxas váianse polo sumidoiro dos últimos postos da Lei D'Hont pode resultar clave para que Feijóo manteña a cadeira de brazos.


FEIJÓO DI QUE CIDADÁNS CABE DENTRO DO PP

De feito, o propio presidente galego matizou a súa posición nos últimos meses. Do rexeitamento frontal a unha 'Galicia Suma' pasou a dicir hai dúas semanas que  "Cidadáns cabe dentro do Partido Popular" e que "sería bo buscar fórmulas de entendemento"


A mellor fórmula de entendemento para o PPdeG sería que Cidadáns Galicia renunciase a presentarse ás autonómicas. Algo que os conservadores xa lle  arrincaron a Democracia Ourensá, a cambio de encubrar ao polémico Gonzalo Pérez Jácome á alcaldía. 


A cambio de non competir nas autonómicas, o PPdeG podería ofrecerlle oco nas súas listas a dirixentes de Cidadáns. Se fosen postos de saída, veríanse así con un pé no Parlamento de Galicia, cando eles saben que en solitario téñeno realmente cru. 


O problema é que a entrada de dirixentes laranxas nas listas do PPdeG implicaría en gran medida a desaparición dun proxecto propio, algo que Cidadáns Galicia rexeita abertamente, e tería tamén implicacións en futuro de Cidadáns a nivel estatal. 


A Asemblea Xeral dos laranxas, prevista para o 15 de marzo, pode axudar a desentrañar esta mañara.







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE