Galicia está entre as que máis gases contaminantes emite, a pesar de ser tamén una das que máis recortou

O estudo 'Emerxencia Climática en España', elaborado polo Observatorio da Sustentabilidade, reflicte que Andalucía, Cataluña, Castela e León, Galicia e Asturias son as comunidades autónomas españolas que máis gases de efecto invernadoiro emiten á atmosfera desde 1990 ata 2018.

|

Dispoñer dun bo sistema de transporte público no rural é clave para evitar que se disparen as emisonies, destaca o Observatorio da Sustentabilidade


O estudo 'Emerxencia Climática en España', elaborado polo Observatorio da Sustentabilidade, reflicte que Andalucía, Cataluña, Castela e León, Galicia e Asturias son as comunidades autónomas españolas que máis gases de efecto invernadoiro emiten á atmosfera desde 1990 ata 2018.


Endesa aspontes1

Endesa As Pontes foi historicamente a maior emisora de Co2 do país


GALICIA TAMÉN ESTÁ ENTRE AsSQUE MÁIS RECORTOU
En emisións per cápita, a investigación destaca que as comunidades autónomas que máis emiten son Asturias, Castela e León e Aragón. En canto ás comunidades que máis reduciron as súas emisións, o estudo destaca  Castela e León, Galicia e Asturias

Neste contexto, o doutor en Ecoloxía Fernando Prieto explicou que Castela e León está entre as comunidades máis contaminantes porque ten "a parte de impacto 0 da España baleirada".

TER UN BO TRANSPORTE PÚBLICO É CLAVE
En concreto, asegurou que cando a poboación é máis dispersa, o transporte individual das persoas "faise máis custoso en canto a emisións". Por iso, Prieto destacou que un dos retos "é encher" a España baleirada porque nesas zonas "cóbrese con vehículos privados algúns servizos que xa non se cobren con transporte público".

O obxectivo do informe do Observatorio da Sustentabilidade é ser referencia no futuro mediante a actualización continua da base de datos, a partir de ciencia cidadá e mapas colaborativos verificados por científicos e técnicos independentes, co fin de que "exista unha rendición de contas".

"AUMENTO ACELERADO" DAS TEMPERATURAS EN ESPAÑA
O estudo sinala un "aumento acelerado" das temperaturas en España cifrado en 1,57 graos en 57 anos; un incremento da temperatura media nas capitais de provincia de practicamente un grao nos últimos 30 anos; que o verán está a alongarse uns nove días de media por década; ou que a temperatura superficial do Mediterráneo aumenta a razón de 0,34 ºC por década desde principios dos anos 80, segundo datos do CEAM.


Temepraturas 1978 2018 1040x685



Na mesma liña, destaca que está a producirse un incremento do nivel do Mediterráneo estimado en 3,4 mm por ano desde 1993 ata 2017, segundo os rexistros proporcionados polo Servizo de Información Marítima de Copernicus.

A investigación tamén revela que o aumento da concentración de CO2 na atmosfera, segundo o observatorio de Izaña, é de 1,9 ppm por ano desde 1984; e que dos 52 glaciares que había en España en 1850 desapareceron xa 33.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE