calentamiento global

Se queremos evitar pandemias debemos coidar o clima, reivindica a protesta desde os balcóns este #24A
Máis dun centenar de organizacións que forman a Alianza polo Clima, Fridays For Future e 2020 Rebelión polo Clima convocaron para este venres 24 de abril, ás 22.00 horas, nos balcóns e xanelas unha manifestación contra o cambio climático.
Galicia está entre as que máis gases contaminantes emite, a pesar de ser tamén una das que máis recortou
O estudo 'Emerxencia Climática en España', elaborado polo Observatorio da Sustentabilidade, reflicte que Andalucía, Cataluña, Castela e León, Galicia e Asturias son as comunidades autónomas españolas que máis gases de efecto invernadoiro emiten á atmosfera desde 1990 ata 2018.
A Coruña sen praias e a Illa do Grove, así quedará Galicia en 30 anos se seguimos contaminando igual


Un novo estudo científico, publicado pola prestixiosa revista Nature, triplica a subida do mar debido ao cambio climático. De feito, uns 300 millóns de persoas viven hoxe en zonas en risco de quedar baixo as augas en 2050, de proseguir o actual ritmo de quecemento global. Galicia, loxicamente non se salva. Por poñer catro exemplos, os mapas previstos para Vigo, A Coruña, O Grove ou a Illa de Arousa son, simplemente, alarmantes.

Folga pola emerxencia climática o 27 de setembro en Galicia co apoio de 300 entidades

Tamén os principais grupos ecoloxistas de España, por exemplo, Greenpeace ou Ecoloxistas en Acción."A crise climática é o maior reto ao que se enfronta a humanidade e,  por este motivo e co fin de dar resposta á magnitude de o problema, a sociedade está a coordinarse a nivel mundial" argumentan.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE