Máis de 150 empresas de transporte en autobús na Feira Internacional de Galicia
O futuro do transporte de pasaxeiros por estrada debátese estes días na Estrada coa presenza de compañías de 21 estados
Arrinca a II edición da Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada 'Expobus Iberia', que reúne desde este xoves ata o sábado a 152 firmas expositoras, un 50 por cento máis que o pasado ano.
O evento, que se celebra na Feira Internacional de Galicia, no municipio de Silleda, contou coa presenza do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, entre outros cargos.
Rueda destacou o crecemento desta edición, que ratifica o éxito da feira e consolida o evento como punto de encontros e referencia para os profesionais do sector a nivel nacional.
MÁIS DE VINTE PAÍSES
A maiores, a feira conta cunha notable presenza internacional, posto que as 152 firmas expositoras proceden de 21 países diferentes.
O programa de actividades inclúe desde xornadas técnicas sobre mobilidade urbana, seguridade a outras sobre servizos dixitais.
Ou vicepresidente dá @Xunta, @ARueda68 inaugurou hoxe @Expobus_Iberia, destacando esta feira como punto de encontro e de referencia para vos profesionais do sector a nivel nacional.
— feiragalicia (@feiragalicia) November 21, 2019
🚌 pic.twitter.com/HpxqHaUiaw
Escribe o teu comentario