Premios da crítica de Galicia

José Luis Fernández Carnicero

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

Unha mañá de choiva non impediu que o salón de actos do Centro Social de Afundación, en Vigo, enchésese ata a bandeira. Chegados de moitos recunchos, pobos e cidades de Galicia, este ano os premios de crítica de Galicia, cambiaron de lugar e de formato. Isto supón un acerto para os organizadores que levan 42 anos renovándose e potenciando a cultura da nosa terra. Este é un dos obxectivos conseguidos coa convocatoria destes premios.

Baixo o lema  elixido polos organizadores 'Teñamos o valor de darnos futuro' do poeta Manuel A. Torneiro, quedou moi claro que a Terra e a Fala faise coa xente, cos artistas, científicos, poetas e escritores, expertos en gastronomía e con todo o potencial humano que ten este país galego. Tanto Bieito Contento como Antón Puído, non pretenden complicarse a vida nun escenario político incerto, complexo, inestable e devorador. Eles son dúas fontes inesgotables de xenerosidade e exemplo de traballo ben feito. Detrás, ou á beira deles, todo un elenco de 26 membros que completan a Xunta Directiva da lamada “Asociación de Premios Crítica de Galicia” para os que van os meus parabéns por lograr manter estes 42 anos de existencia.

Entrando en materia pódolles dicir que o acto discorreu nun ambiente de concordia, orde e moita emoción. Non faltou a boa música do curioso cuarteto Caramuxo. A singularidade deste grupo vén de seu, polas pezas que interpretan con mestría e os arranxos concibidos desde a música galega. Tamén nos enche de curiosidade que sexa un cuarteto formado por seis músicos. Dous clarinetes, un acordeón  diatónico, un saxo contrabaixo, un clarinete baixo e percusión de caixa e prato, que foron o fío condutor de cada apartado da escaleta prevista. Por outra banda, os tempos dedicados aos discursos dos premiados foron breves e non resultaron pesados. Tamén houbo un bo equilibrio entre os homes e as mulleres  galardoadas, recoñecendo no caso delas, que a súa visualización social non deberá ser eclipsada por ninguén. Desta forma, os 8 xurados formados por sete membros cada un, cumpriron o seu difícil labor de decidir entre tantos candidatos de prestixio, e xustificaron en cada caso o motivo que os levou a decidirse polos premiados, por unanimidade. Finalmente houbo unha degustación de produtos galegos, onde os asistentes tivemos oportunidade de saudarnos, falar, sacar fotos e selfies e sobre todo conversar. Cada detalle estaba coidado e as botellas de viño tiñan un poema do querido Manuel María.


Ao día seguinte souben que houbo diversas opinións sobre o fermoso acto do que lles estou falando. Pode ser que algún falase de oídas, do que lle contaron, ou que non teña liberdade para escribir sen prexuízos o que alí se viviu. Quen sabe? Só sei que o Alcalde de Vigo, Abel Caballero, pechou o acto cun discurso entrañable que agradou aos asistentes, mantendo a solemnidade que reinou desde comézoo da entrega dos premios. Só tiven pena de non poder dicirlle que viñese para Ourense, pois nos gustaría ter un Alcalde que atenda aos veciños, á cultura e á mellora da cidade, xa que o que nos tocou só pensa en “rascar o ceo” cun edificio. Xa me entenden. E pensándoo ben, quizais sexa mellor así, pasar sen dicirlle nada, para que quede no noso maxín un sábado entre novos e vellos amigos que traballan para que o noso país non baixe nunca do máis alto concepto de excelencia, coherencia e humildade.  


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE