​Crónica da morte anunciada de Isowat, á que a Xunta “deixou morrer” segundo o PSdeG

Os socialistas coruñeses denuncian a “inacción do Goberno de Feijóo” para evitar o peche da factoría, na que os traballadores levaban meses pelexando polos seus empregos. 


|

Os socialistas coruñeses denuncian a “inacción do Goberno de Feijóo” para evitar o peche da factoría, na que os traballadores levaban meses pelexando polos seus empregos.


Traballadores de Isowat protagonizan unha mobilización

Manifestación de empregados de Isowat


Para a Agrupación Provincial do PSdeG-PSOE na Coruña leste é “un novo exemplo da ausencia de políticas industriais da Xunta”.

"Mentres que a implicación do goberno autonómico de Castela e León permitiu atopar unha solución para manter a actividade e o emprego na planta de Isowat en Medina del Campo, aquí a inacción da Consellería de Industria leva a 66 persoas ao paro e ao ciere dunha planta que podería ser viable e referencia no seu sector", critican.


"Mentres o Índice de Produción Industrial repunta a nivel estatal, en Galicia cae un 6%, situándonos no furgón de cola de España", agregan desde o PSdeG, despois de que os traballadores da planta galega asinasen o ERE extintivo que poñía punto e final á loita dos 66 empregados da factoría.


COMITÉ DE EMPRESA

Nese sentido, desde o comité de empresa tamén sinalaron á Xunta. “o fallo estivo tamén na pouca implicación por parte do presidente da Xunta para falar con Abanca", expuxo Cándido López, presidente do comité de empresa que unicamente tivo boas palabras para o titular da carteira de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.  


Pola súa banda, Conde puxo o foco sobre o Goberno central, que deixou soa á planta da Coruña en deferencia á planta de Medina del Campo.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE