Ábalos data para 2021 a chegada da alta velocidade a Lugo

O Ministro de Fomento, José Luís Ábalos, anunciou hoxe na cidade lucense, no transcurso dun mitín dos socialistas, que Lugo estará conectado coa alta velocidade ferroviaria en 2021.

|

O Ministro de Fomento, José Luís Ábalos, anunciou hoxe na cidade lucense, no transcurso dun mitín dos socialistas, que Lugo estará conectado coa alta velocidade ferroviaria en 2021.


O ministro de Fomento, José Luís Ábalos, en Lugo

Nun acto preelectoral, que se celebrou nun dos salóns do restaurante a Palloza que quedaba pequeno con máis de 500 persoas, apelou a que ata que chegaron os socialistas ao goberno "había territorios que estaban absolutamente esquecidos".

Asegurou nun ano o Executivo do PSOE investiu na provincia "case 59 millóns de euros, moitísimo máis do que investiu o Partido Popular". Ao tempo, avanzou que "agora mesmo o que é a liña de Ourense a Lugo conta cun investimento de 239 millóns", que permitirá que Ourense, Monforte e Lugo teña conexión coa liña de alta velocidade a Madrid e rebáixese dúas horas o traxecto.

Neste sentido, sinalou que esta acción "é grazas a un goberno que estaba en plenitude de funcións, que foron dez meses, e que agora leva cinco en funcións", esbozaba José Luís Ábalos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE