Avións de papel

José Luis Fernández Carnicero

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

Cantos anos fai que vostedes non fan un avión de papel? Permítanme dicirlles que se teñen fillos ou netos non conta; desta vez só serán computables as respostas do que vivan sen nenos ou nenas na súa contorna. E deste xeito, salvo algunhas excepcións, poderemos constatar que o tempo de facer eses xoguetes, quedan a moitos anos vista. Agora son outros os que fan os avións de papel por todos nós, simulando algunha das ilusións do pasado. O poder xera nalgúns o desexo de querer cambiar o mundo, ao crear unhas perspectivas ilusorias que nunca se fan realidade, pero que producen un impacto mediático a ter en conta. Os hábitos sociais son moi variables e a tecnoloxía, que debería axudarnos a avanzar, provoca un déficit nas relacións humanas con difícil previsión de cales serán as consecuencias. Estas relacións debesen comezar por un mesmo, potenciando o autoestima. O incremento de casos de ansiedade na poboación é exponencial. Galicia continúa estando á cabeza no consumo de fármacos denominados psicotrópicos, como as benzodiacepinas, entre menores de idade e subía na media Europea ata o terceiro posto no período 2006-2007. Os modelos educativos van de fracaso en fracaso, pola inexistencia dun pacto educativo que para os políticos é unha entelequia. Debido a inestabilidade política, reflexo da sociedade actual que construímos entre todos, os problemas tenden a resolverse con boas intencións, deixando ao carón os feitos e as políticas socialmente activas.


Todos lembrarán que os avións de papel voaban se estaban ben construídos, e tendo en conta que os constrúen por nós, deciden por nós e ata viven por nós, hai moitas posibilidades de que cheguemos a crer que somos libres sen ter en conta as circunstancias. Por iso veume á cabeza a historia de Ícaro, encerrado co seu pai Dédalo polo Rey Minos, na illa de Creta. Segundo cóntanos o mito grego, pai e fillo inventaron e construíron unhas ás para poder fuxir da prisión. Cando chegou o día todo foi un éxito e saíron voando seguindo os consellos de Dédalo. Ícaro era desa clase de fillos que esquecen os consellos dos pais, e créndose libre, achegouse ao Sol. Coa calor, as ás que estaban feitas de cera e plumas, desfixéronse e caeu ao mar perdendo a vida. O seu pai Dédalo só puido lamentar a súa morte.


Pode ser que sigamos vivos, lembrando os avións de papel. Tamén pode ser que vivamos esperando que as ilusións que nos prometen cheguen algún día, pero ao que deberiamos estar ben atentos é cando os nosos mozos marchan á emigración e nós seguimos vivindo nas ilusións. Como cando faciamos os avións de papel.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE