Alcalde do PP propón folga xeral en toda Galicia contra o peche das centrais de Endesa As Pontes e Alcoa San Cibrao

O alcalde de Cervo (Lugo), o popular Alfonso Villares, animou este luns a unha folga xeral en toda Galicia, en defensa das plantas de Endesa nas Pontes e da de Alcoa en San Cibrao.

|

Os traballadores de Endesa As Pontes probablemente votarán folga para o 16 de outubro nas Pontes. O edil de Cervo propón que ese mesmo día haxa un paro ten toda Galicia para defender esa central e a de San Cibrao.

O alcalde de Cervo (Lugo), o popular Alfonso Villares, animou este luns a unha folga xeral en toda Galicia, en defensa das plantas de Endesa nas Pontes e da de Alcoa en San Cibrao.


Ante esa posibilidade aberta de convocar un paro o 16 de outubro, asegurou que "absolutamente" secundará esa "gran" mobilización na Comunidade galega se se produce.


Vista da factoría de Alcoa en San Cibrao, en Cervo (Lugo)

Unha pasada protesta fronte Alcoa San Cibrao



ALCOA CORRE O MESMO RISCO

"Estamos nunha situación que é case precatastrófica por non dicir catastrófica, pecha As Pontes que son máis de 600 postos de traballo e de Alcoa levamos meses dicindo que hai que moverse porque corre o mesmo risco que Endesa", alertou.

Fronte a isto propón que "toda a sociedade civil (galega)" mobilícese". "Témonos que marcar urxentemente e dicir a quen ten as competencias que é Madrid, que é o goberno central, que as decisións que toma están a prexudicar a Galicia e iso témolo que ter todos moi claro, porque estamos a falar de que van pechar empresas", abundou.


PON O FOCO NO GOBIENRO CENTRAL

Villares insistiu que ante esta "situación precatastrófica" faise "obrigatoria e urxente unha mobilización de toda a sociedade galega, é algo indecente o que fai o goberno (central) e claro que vou apoiar calquera mobilización que haxa e animo a todo o mundo a que as secunden", concluíu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE