12.000 exemplares do libro de microrrelatos de Gadis, dispoñibles para os seus clientes a partir deste sábado

Este 26 de outubro estarán dispoñibles nos supermercados os exemplares que recollen algúns dos relatos participantes no V Concurso de Microrrelatos. 


|

GADIS MICRORRELATOS 1 (2)
Foto: Gadis

 

95 textos de menos de 100 palabras e cos inicios como tema central compoñen os libros de microrrelatos que, como cada ano, Gadis porá a disposición dos seus clientes de maneira gratuíta a partir deste sábado 26 de outubro. Os 12.000 exemplares editados esperan dono nos supermercados de Galicia e Castela e León, con algúns dos mellores textos entre os 2.000 que participaron na V Edición do Concurso de Microrrelatos.

 

Esta iniciativa de Gadis busca espertar a imaxinación dos seus clientes, aínda que os participantes chegan desde distintos puntos de España e mesmo desde o estranxeiro, buscando darlle a volta ás palabras para lograr, en apenas un parágrafo, sorprender ao lector. 

 

 


"O libro imprimiuse en formato peto para maior comodidade e tamén está dispoñible en formato dixital para que máis persoas poidan gozar da súa lectura", detallan desde a firma de supermercados, que convida aos interesados a descargalo na web.

 

"Pór en valor a creatividade, ser altofalante de talentos anónimos e potenciar a lectura e escritura guiaron a Gadis no desenvolvemento deste concurso que, nestas cinco edicións, contou coa participación dun perfil de público moi diverso, tanto en idade como en procedencia: de Galicia, Castela e León e de numerosos puntos de España, con marca de participantes este ano", celebran desde Gadis, onde xa preparan a próxima edición, cun reto aínda por definir para os aspirantes a micronovelista.
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE