Voluntarios da Caixa limpan de lixo os areais de Riazor e Orzán

O grupo de voluntarios retirou plásticos e residuos das praias da Coruña na maior xornada de recollida de residuos da historia, xunto coa asociación Mar de fábula.


|

O grupo de voluntarios retirou plásticos e residuos das praias da Coruña na maior xornada de recollida de residuos da historia, xunto coa asociación Mar de fábula.


Voluntarios a caixa reciclar lixo praias

Voluntarios da Caixa


No Día Mundial da Limpeza de Praias os voluntarios da Caixa na Coruña limparon de residuos as praias herculinas de Riazor e Orzán, en colaboración coa asociación Mar de fábula e participando así no movemento 'World CleanUp Day' que ten como fin concienciar e 'erradicar os residuos do noso planeta'.


Os voluntarios peitearon os areais librando a zona de residuos cos que encheron dúas bolsas de grandes dimensións. Plásticos, luvas, botellas ou chanclas son algúns dos obxectos que quedan na praia e ensucian os areais, ademais de acabar no mar en moitas ocasións e ser prexudiciais para o medio ambiente.


Ademais, unha parte dos elementos recolleitos poden ser reutilizados ou reciclados polos propios voluntarios. Así, obxectos como cordas ou tapóns gárdanse para usarse en manualidades ou para ser reconvertidos en obras de arte.


"No que vai de ano, 110 voluntarios da Caixa participaron en Galicia en 71 actividades solidarias, chegando a un total de 4.500 persoas", sinalan desde a organización do proxecto de voluntarios, formado por empregados en activo, xubilados e prexubilados da entidade, así como amigos, familiares e clientes, que cumpriu o seu undécimo aniversario de labor solidario.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE