(VÍDEOS) Un centenar de camións colapsan o tráfico na Coruña en protesta pola situación nas Pontes

A cidade herculina vive esta mañá un gran colapso no que ao tráfico rodado refírese, con atascos nos accesos á cidade. A avenida Alfonso Molina rexistra grandes retencións a esta hora, con decenas de camións parando o tráfico. 


|

A cidade herculina vive esta mañá un gran colapso no que ao tráfico rodado refírese, con atascos nos accesos á cidade. A avenida Alfonso Molina rexistra grandes retencións a esta hora, con máis dun centenar de camións parando o tráfico.


Camións a coruu00f1a


A protesta está a cortar rúas e provocando importantes retencións


A manifestación coincide coa reunión programada para esta mañá ás 12:30 entre o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e os concentrados pola situación da central térmica das Pontes. Os transportistas piden solucións para reactivas a actividade na central.


No encontro participa o alcalde do municipio e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso


PROTESTA

O presidente da Asociación do Colectivo de Transporte do Carbón, Manuel Bouza, cifrou en 130 vehículos desprazados á cidade herculina para sumarse a unha protesta á que están convocados veciños, sectores afectados e representantes políticos e sindicais "en defensa dunha transición enerxética xusta e do emprego" nesta comarca ante a inactividade na central térmica. Ao longo da mañá sucederanse as protestas, como a dos traballadores xubilados de Endesa que obrigou a cortar a rúa Rosalía de Castro.



"Os transportistas teñen débedas por encima dos 100.000 euros", lamenta Bouza, sinalando os importantes investimentos que realizaron os traballadores en vehículos menos contaminantes para abastecer de carbón á central. "Son cinco meses sen traballar e os transportistas van as súas casas sen cobrar e sen paro", sinalou o presidente da asociación, advertindo que isto pasa "porque non hai política nin Goberno".


TRÁFICO 

Os ususarios da avenida Alfonso Molina xa rexistraron as primeiras incidencias, con grandes atascos que obrigaron a poñer en marcha un operativo da Garda Civil.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE