Ultimato do PSOE: "Só queda o 'si' de Unidas Podemos"
A portavoz do Goberno central en funcións, Isabel Celaá, considerou hoxe que o mellor escenario para a política española sería investir ao socialista Pedro Sánchez e argumentou que hai votos, programa e equipo de goberno. "Só queda o 'si' de Unidas Podemos", sinalou a ministra.

Celaá pronunciouse así en rolda de prensa tras a reunión do Consello de Ministros, e defendeu que haxa acordo para desencallar o bloqueo da investidura.
"Unidas Podemos debe decidir se vai volver a unirse ás tres dereitas para impedir unha vez máis un Goberno progresista", sentenciou.
A portavoz referiuse á chamada de Iglesias a Sánchez onte mesmo, e explicou que "en esa conversación Sánchez manifestou que o seu desexo é alcanzar un goberno".
Escribe o teu comentario