A Coruña multa á empresa de aluguer de patinetes na rúa, Buny
Con todo, ao ser a moda dos patinetes algo relativamente recente, empresas como Buny aproveitan o baleiro legal para tentar ser os primeiros en entrar no negocio.Buny non é o único operador que hai en España no sector.
A Policía Local do Concello da Coruña está a sancionar desde esta maña a Buny, segundo confirmaron fontes oficiais da Administración a Galiciapress. Trátase da primeira empresa de patinetes elécticos que opera na capital herculina. A multa non é aos usuarios, senón á compañía por usar un ben público, os espazos da compañía pública EMVSA para deixar bicicletas, para o seu negocio privado.
Os seus dispositivos están dispoñibles en numerosas localizacións da cidade, como a Praza de España, segundo testemuñas locais a promoción de Buny nas súas redes. Ao parecer, pódense alugar polo menos desde onte xoves.
Patinete de Buny na Coruña na Praza de España
A empresa candouno na vía pública, en aparcabicis municipais. Fíxoo a pesar de non ter nin licenza nin pedir permiso, aproveitando o baleiro legal que hai sobre estes vehículos.
CON PROBLEMAS EN VIGO
A Coruña non é a única cidade de Galicia onde ha chego Buny xerando polémica. Os seus patinetes hai días que están dispoñibles en Vigo. O consistorio local acáballe de pedir que os retire da rúa, lembrándolle que non ten permiso para utilizar o dominio público. Buny despregou os seus vehículos a comezos de mes en Vigo, uns 30, tampouco sen pedir autorización antes.
A RÚA COMO CENTRO DE NEGOCIO É ALGO REGULADO
É frecuente que os concellos, sobre todo os urbanos, teñan ordenanzas que regulan especificamente que servizos pódense prestar na vía pública. Frecuentemente, implica pagar unha taxa municipal, como a que abonan por exemplo os bancos polos seus caixeiros autómaticos que dan ás rúas. Con todo, ao ser a moda dos patinetes algo relativamente recente, empresas como Buny aproveitan o baleiro legal para tentar ser os primeiros en entrar no negocio.
Buny non é o único operador que hai en España no sector. En cidades como Madrid xa hai máis de 20. A capital de España xa regulou o sector mediante licenzas. Alí Buny opera uns 420 permisos, permisos dos que non dispón en Galicia, doe o tema está aínda máis verde.
Escribe o teu comentario