Alcoa San Cibrao empeza a mobilizarse ante o temor a unha crise como a de Coruña e Avilés

Traballadores de Alcoa San Cibrao (Lugo) comezarán o 13 de setembro as súas mobilizacións en defensa do emprego ante a baixada da produción do 11 por cento na factoría, así como para reclamar un prezo da enerxía competitivo, xa que "se atrasa" o estatuto para as industrias electrointensivas.

|

Traballadores de Alcoa San Cibrao (Lugo) comezarán o 13 de setembro as súas mobilizacións en defensa do emprego ante a baixada da produción do 11 por cento na factoría, así como para reclamar un prezo da enerxía competitivo, xa que "se atrasa" o estatuto para as industrias electrointensivas.


Fábrica de Alcoa en San Cibrao


En declaracións a Europa Press, o presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, Xosé Paleo, explicou que o día 13 será o primeiro dos venres nos que teñen previstos levar a cabo reparticións informativas e concentracións entre as 14,00 e as 14,30 --hora de saída das quendas-- nas inmediacións da factoría, no cruzamento de Castelo.

ASEMBLEA O XOVES DA PRÓXIMA SEMANA

Este mércores reuniuse o pleno do comité de empresa para abordar o calendario de mobilizacións, que se tratará en asemblea o próximo 12 de setembro, o día antes da concentración. O obxectivo é que a Xunta e o Estado actúen ante a súa situación de incerteza.

Pola súa banda, este xoves, 5 de setembro, reuniranse pola tarde en Santiago de Compostela co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para trasladarlle as súas reivindicacións.

Xa o venres, 6 de setembro, ademais manter encontros con grupos políticos, terán unha reunión con comités das auxiliares para "pedir o seu apoio".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE