O BNG alerta que 700 enfermos quedaron sen operar no CHUS por peche de camas este verán
A líder do Bloque en Santiago reprocha ao SERGAS que non aproveite a menor presión asistencial do verán para aliviar as listas de espera
A portavoz municipal do BNG en Santiago, Goretti Sanmartín, asegurou este martes que 700 persoas quedáronse sen operar durante este verán polo peche de camas e de quirófanos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
A líder do BNG en Santiago
A través dun comunicado, o BNG afirmou que é un "problema grave" que "non se aproveite" o verán para "ter as camas e as infraestruturas abertas" e facer unha "redución importante nas listas de espera".
SE ACEPTAS IR Á CONCERTADA, DESAPARECES DA LISTA DE ESPERA OFICIAL
"Non coincidimos, para nada, con esa autocompracencia que se traslada desde a Consellería de Sanidade coa utilización parcial dos datos, cando nos cómputos de lista de espera desaparecen as probas de medicina nuclear, cando non se teñen en conta as axendas pechadas ou os desvíos á concertada", indicou Sanmartín.
Por outra banda, Goretti Sanmartín referiuse á información que apunta á intención de permitir a construción dun hotel no polígono da Sionlla. "É unha barbaridade porque é chan industrial pagado con diñeiro público para asentar industria", sentenciou.
Escribe o teu comentario