"Xeado de cianuro" lanzado por unha empresa galega

A árbore sabugueiro, bieiteiro, saúco e mil nomees polo que se lle coñece en Galicia, ten unhas bagas case negras que, no seu estado inicial, cando están verdes, teñen glucosido cianognénico, tóxico que, ao madurar o froito, desaparece. Quizais foi esta a razón pola que o saúco ten a súa propia lenda negra.


|

A árbore sabugueiro, bieiteiro, saúco e mil nomes polo que se lle coñece en Galicia, ten unhas bagas case negras que, no seu estado inicial, cando están verdes, teñen glucosido cianognénico, tóxico que, ao madurar o froito, desaparece. Quizais foi esta a razón pola que o saúco ten a súa propia lenda negra. Non en balde, en Galicia, aos seus froitos coñécense como “uvas de bruxa”. 


Xeado cianuro



Mmmm! Xeados de Carballo anuncia o lanzamento de un "xeado de cianuro" elaborado, precisamente, con eses froitos. Para a súa creación traballaron conxuntamente coa empresa Carabuñas, a cal leva traballando desde hai anos co froito e a flor do saúco. A partir das súas marmeladas e despois de máis dun ano de investigación, obtiveron "un xeado cremoso e saboroso, que lembra lixeiramente aos froitos vermellos". 


Mmmm! Xeados  leva anos dándolle un toque atrevido aos xeado, con sabores como o de “herbas de San Xoán” ou “tomate”, ademais de “cinza” este último ano.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE