O Sergas deixou inútil e en garra a man dunha muller nunha "simple" operación de cirurxía plástica
O TSXG sinala que, se o resultado dañoso é “anormal ou inusualmente grave en relación cos riscos que comporta a intervención”, como sucede neste caso, “presúmese que a Administración sanitaria non se acomodou aos estándares de actuación esixibles ou non puxo ao dispor do paciente os medios e coñecementos da ciencia e da técnica”. A doutrina do dano desproporcionado, segundo destacan os maxistrados, non se aplica cando o resultado preséntase como unha opción posible, cando constitúe un risco propio da intervención nunha porcentaxe considerable e cando existe actividade probatoria que chega a convencer ao órgano xudicial respecto a como se produciu ese resultado.
O dano foi de tal calibre tras unha intervención sinxela que o consentimento informado asinado antes da operación non exime ao SERGAS da súa responsabilidade, argumenta a Xustiza para condenar á Xunta a pagar case 100.000€ de compensación
A sección primeira da Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza de primeira instancia que condena ao Sergas para indemnizar con 90.000 euros a unha paciente do servizo de cirurxía plástica do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) á que quedou a man dereita en garra, inutilizada e irreversible, despois de someterse a unha cirurxía de destechamento do túnel carpiano e a nove intervencións cirúrxicas posteriores. A ferida comezou a supurar aos poucos días da primeira operación, realizada en febreiro de 2013.
Chuac da Coruña
DANO DESPROPORCIONADO AOSRISCOS NORMAIS NESTE TIPO DE OPERACIÓN
“Non pode cualificarse senón de resultado inusualmente grave e desproporcionado o producido tras a intervención, en cuxo suposto a xurisprudencia fai responder á Administración porque se trata dun efecto dañoso que normalmente non se produce máis que cando media unha conduta neglixente, salvo que se acredite que a causa estivo fóra da esfera de actuación dos servizos sanitarios ou se debe a unha causa de forza maior, o cal non lograron as demandadas”, indican os maxistrados na sentenza.
O TSXG sinala que, se o resultado dañoso é “anormal ou inusualmente grave en relación cos riscos que comporta a intervención”, como sucede neste caso, “presúmese que a Administración sanitaria non se acomodou aos estándares de actuación esixibles ou non puxo ao dispor do paciente os medios e coñecementos da ciencia e da técnica”.
A doutrina do dano desproporcionado, segundo destacan os maxistrados, non se aplica cando o resultado preséntase como unha opción posible, cando constitúe un risco propio da intervención nunha porcentaxe considerable e cando existe actividade probatoria que chega a convencer ao órgano xudicial respecto a como se produciu ese resultado.
“No caso presente resulta incuestionable que se produciu un resultado desproporcionado no tratamento dunha cirurxía tan simple -en palabras do cirurxián plástico-, pois quedou inutilizada a man dereita da paciente para calquera tipo de actividad, á parte do prexuízo estético, moral, laboral, familiar e de lecer que lle ocasiona, ademais dunha patoloxía psiquiátrica asociada”, subliña o tribunal.
O TSXG indica que a Administración “non foi capaz de ofrecer unha explicación científica razoable” sobre as causas, aínda que asegura que “a máis probable” foi unha infección da ferida.
O CONSENTIMENTO INFORMADO NON EXIME Ao SERGAS
Sobre o consentimento informado asinado pola paciente ao que fai referencia o Sergas, o tribunal lembra que determina que asume os “riscos habituais” da asistencia médica. “Con todo, unha apreciación racional das cousas non permite erixir o consentimento prestado en escusa incondicionada ante calquera evento adverso”, advirten os xuíces.
Escribe o teu comentario