Emocionado, o alcalde da Coruña Xulio Ferreiro deixa a política tras perder as eleccións (vídeo)

O alcalde en funcións da Coruña, Xulio Ferreiro, anunciou que non tomará posesión da súa acta de concelleira cando se constitúa a nova corporación municipal e que abandona a primeira liña política tras perder o bastón de mando nas eleccións do pasado domingo, aínda que puntualizou que queda en Marea Atlántica como un militante máis.

|

Coa voz entrecortada, o ex-xuíz admite que non cumpriu os obxectivos marcados polo que é o momento de dar un paso atrás por motivos persoais e políticos


Xulio ferreiro adios politica




O alcalde en funcións da Coruña, Xulio Ferreiro, anunciou que non tomará posesión da súa acta de concelleiro cando se constitúa a nova corporación municipal e que abandona a primeira liña política tras perder o bastón de mando nas eleccións do pasado domingo, aínda que puntualizou que queda en Marea Atlántica como un militante máis.


"Non hai ninguén imprescindible en política", dixo na súa comparecencia pública o aínda rexedor da Coruña, quen proclamou que a Marea Atlántica ten "moita xente boa e xenerosa" e queda un grupo municipal "magnífico". "Non me marcho moi lonxe, abandono a vida institucional, a primeira liña da política, pero quedo en Marea Atlántica como un máis, ofrecendo a miña experiencia e o meu traballo como militante", afirmou.


EMOCIONADO
Acompañado polos concelleiros de Marea Atlántica e outros membros do seu equipo, así como funcionarios municipais, explicou que esta decisión ten "razóns de carácter persoal e político". "Cando non se cumpren os obxectivos que un se pon, debe actuar en consecuencia e asumir responsabilidades". "O obxectivo era revalidar a alcaldía e unha maioría de progreso e non se cumpriu", recoñeceu .

Por iso, Ferreiro, visiblemente emocionado e coa voz entrecortada por momentos, dixo que "o consecuente é deixar paso a outra persoa ou persoas que poidan situar á Marea Atlántica en condicións de disputar a alcaldía en catro anos".

Nas eleccións do 26 de maio, a Marea Atlántica liderada por Xulio Ferreiro retrocedeu, con seis concelleiros, á terceira posición, ao perder catro actas, mentres que o PP foi a lista máis votada, pero empatado co PSOE a nove edís. Pola súa banda, o BNG obtivo dúas prazas e Cidadáns unha, co que a socialista Inés Rey perfílase como próxima alcaldesa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE