Folga indefinida da recollida de lixos na Coruña en plena campaña electoral
Tras varias xornadas de mobilizacións e dar unha oportunidade á negociación con Ferrovial e CESPA, os traballadores plántanse cunha folga que a seguro influirá no debate para os comicios locais
Os traballadores do servizo de limpeza viaria e recollida de residuos da Coruña anunciaron a convocatoria dunha folga indefinida, ao concluír este xoves o prazo dado á empresa para emendar, segundo informan, os problemas nos vehículos, así como para cumprir as "condicións sociais e laborais" do convenio.
CONVERSACIÓNS PREVIAS
Nun comunicado, lembran que, tras as conversacións co Concello da Coruña e coa empresa concesionaria --Ferrovial Servizos-Cespa--, outorgaran de prazo ata o día 16 "para liquidar os problemas de seguridade existentes na maquinaria, así como os numerosos incumprimentos da empresa", sinala sobre os aspectos recolleitos no convenio.
Entre elas, citan o abono das indemnizacións por incapacidades, accidentes ou morte. Con todo, sinalan que, ao concluírse o prazo, convocarán unha folga indefinida para "facer efectivos" os dereitos do convenio.
MEDIACIÓN
Pola súa banda, o goberno local da Coruña promoveu un proceso de mediación a través do Consello Galego de Relacións Laborais para solucionar as diferenzas entre empresa e traballadores sobre o cumprimento do convenio colectivo.
En concreto, sinala que o fai ao non ser posible achegar posturas e apelando á "ampla experiencia" do Consello Galego de Relacións Laborais. "E con competencias para intervir neste tipo de conflitos", engade.
Por outra banda, a concelleira de Medio Ambiente, María García, asinou un acordo co persoal da empresa concesionaria da planta de Nostián, Albada, para a inclusión de cláusulas sociais e laborais de obrigado cumprimento para a próxima concesionaria no prego de condicións do novo contrato.
Escribe o teu comentario