Rafael Louzán é o único mandatario relevante que queda investigado das ducias que a Xustiza imputou no seu día, Abel Caballero incluído, nesta macrooperación contra a corrupción. Unha das súas ramas no Porto de Vigo está a ser, por fin, xulgada.
Os traballadores do servizo de limpeza viaria e recollida de residuos da Coruña anunciaron a convocatoria dunha folga indefinida, ao concluír este xoves o prazo dado á empresa para emendar, segundo informan, os problemas nos vehículos, así como para cumprir as "condicións sociais e laborais" do convenio.
Unhas 100 toneladas de lixo, entre as que quedaron sen recoller esta pasada noite e as que están pendentes de retirar de xornadas anteriores, seguen nas rúas da Coruña, segundo estimou o secretario do comité de empresa da concesionaria, Luís Varela. Os traballadores vinculan esta situación co estado dos camións.