Twitter pecha unha rede de perfís falsos que investigadores universitarios vinculan a un cargo do PP galego

Twitter pechou esta semana unha rede con 130 contas falsas que promocionaban a campaña de Pablo Casado. Segundo Heurística, un grupo de investigadores da Universidade de Barcelona e a Universitat Oberta de Catalunya, detrás desta rede está David Díez Neto, directivo provincial do PP da Coruña, quen xa no pasado foi relacionado con este tipo de prácticas.


|

Twitter pechou esta semana unha rede con 130 contas falsas que promocionaban a campaña de Pablo Casado. Segundo Heurística, un grupo de investigadores da Universidade de Barcelona e a Universitat Oberta de Catalunya, detrás desta rede está David Díez Neto, directivo provincial do PP da Coruña, quen xa no pasado foi relacionado con este tipo de prácticas.



David dez pablo casado 2019

Tweet de  Díez en 2016 nunha reunión en Xénova con Pablo Casado | bots de twitter


Galiciapress contactou tanto con fontes oficiais tanto do PP de Galicia como do PP da Coruña para pulsar a reacción do partido e do propio directivo provincial. A organización a nivel galego desvío a consulta á organización provincial. 


FICHADO PARA XÉNOVA

Desde o PP da Provincia da Coruña confírmase que Díez Neto está na executiva provincial como coordinador de Redes Sociais aínda que se puntualiza que na actualidade xa non se encarga de xestionalas, xa que é "traballador de Madrid", en referencia a que se atopa en Génova traballando para a campaña de Pablo Casado.


Cando saltou o caso, o activista declarou a El Diario , medio que desvelou o caso, que "participo como militante nas accións que o partido lanza" e limitou as súas prácticas a rebotar contidos que o PP lle envía: "O partido remítenos por grupos de WhatsApp algunhas ideas e pídenos colaboración en hashtag concretos e como imaxino moitos voluntarios e simpatizantes fan, participo poñendo mensaxes con ese hashtag e retuiteando as mensaxes máis interesantes que vexo". Pola súa banda, o PP a nivel estatal sempre negou fomentar comportamentos irregulares nas redes sociais para inflar artificialmente as súas mensaxes.


SALTA A NOTICIA, PARA A ACTIVIDADE

O mesmo día  que saltou  a noticia, o 17 de abril, a conta persoal de Díez destuvo prácticamete a súa ata entón continúa promoción de Casado. Recuperou o seu ritmo este martes, ao fío do debate de Atresmedia. Na foto principal da súa conta, Díez aparece  canda Casado, de feito foi unha das persoas que saudou en Xénova ao volver do debate.




Segundo os investigadores universitarios citados por El Diario, a rede de perfís falsos non estaba automatizada. É dicir, non eran robots que rebotaban contido prol-PP, senón que detrás delas estaban persoas reais pero cun comportamentos que indica que son perfís creados ad hoc para difundir certas mensaxes políticas.


PRECEDENTE

Non é a primeira vez que o nome de Davíd Díez Neto aparece vinculado a presuntas prácticas deste tipo. En 2016 a publicación Bots de Twitter vinculouno cunha suposta rede de "Trolls e perfís falsos no PP de Lugo". que, do mesmo xeito que sucede agora, deixou funcionar en canto foi exposta publicamente.



Dez con nuu00f1ez feijoo

Díez nun acto de campaña con Nuñez Feijóo en 2016 | @NazarethCG 





relacionada A arte do insulto
relacionada Un debate máis bronco no que Sánchez descartou gobernar con Cidadáns
relacionada A Xunta Electoral pon en cuestión a neutralidade da TVG

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE