O xerente da patronal da sanidade privada, candidato do PP
O número dous da candidatura do Partido Popular en Vigo será José R. Santamaría, xerente da Asociación de Hospitais de Galicia. Ahosgal agrupa aos doce hospitais médico-cirúrxicos de Galicia, que ofrecen unhas 2.000 camas.
O número dous da candidatura do Partido Popular en Vigo será José R. Santamaría, xerente da Asociación de Hospitais de Galicia. Ahosgal agrupa aos doce hospitais médico-cirúrxicos de Galicia, que ofrecen unhas 2.000 camas.
A elección de Santamaría é moi significativa politicamente. E é que a actualidade olívica leva anos marcada, precisamente, por polémicas relacionadas coa Sanidade, con masivas manifestacións de protesta contra as privatizacións.
Sobre todo, a posta en marcha do Hospital Álvaro Cunqueiro, mediante o polémico modelo de colaboración público-privada. Vigo acolle tamén a Povisa, o hospital privado de España que máis pacientes da sanidade pública atende e é o epicentro das actuais mobilizacións pola perda de calidade nos centro de saúde.
QUERE MÁIS PESO DA PRIVADA NA SANIDADE PÚBLICA
Santamaría chegou á xerencia de Ahosgal o pasado mes de decembro coa promesa de "incrementar a colaboración pública e privada para contribuír á sustentabilidade e eficiencia do sistema sanitario galego".
Desde 1988 ata finais do pasado mes de novembro exerceu como xerente do Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima Vigo, cargo que abandonou por xubilación. Paralelamente, foi presidente da Federación Galega de Clínicas Privadas (1988-1999), membro do Comité Executivo da Federación Nacional de Clínicas privadas (1997-2010) e membro da Comisión de Vixilancia e Arbitraxe do Convenio de asistencia para accidentados de tráfico, desde 1997 ata a actualidade.
Escribe o teu comentario