Consello de Estado vs Equiparación

Roberto González

Roberto González es secretario general del Secretario Unificado de Policía (SUP) en Galicia

Avanza o mes de abril e vénlleme á cabeza o tan coñecido refrán “en abril, augas mil” e o certo é que as tormentas empezaron.


O pasado xoves o Ministro do Interior, acudía a Jaca para presenciar o simulacro “Aragón 2019” desenvolto pola UME e aproveitaba para facer precampaña en favor do seu partido, manifestando que o segundo tramo da equiparación salarial estará na nómina deste mes, deixando ver o seu “compromiso” coa mesma.


Este dobre xogo que mantén o actual Goberno en funcións víase reflectido, ese mesmo día, nun medio dixital que publicaba que o Ministro do Interior pedira un ditame ao Consello de Estado sobre a vinculación xurídica co mencionado Acordo e do cal, ao día seguinte, filtrábanse varias páxinas nas que se daba por caducada ILP de Jusapol e argumentábase sobre o Acordo publicado no BOE, que tanto o informe da auditoría externa e a creación dunha Lei de Retribucións non eran xuridicamente esixibles nin vinculantes, ademais de tampouco selo o segundo tramo da equiparación salarial, é dicir, que o de abril pasa “porque eu quero non porque ninguén mo impoña”. Recorrer a un Instrumento do Goberno, non vinculante, para transmitir esa mensaxe ao colectivo parece unha medida electoralista en toda regra.


As reaccións non se fixeron esperar e os paus, xa estamos afeitos, a caer ao lado do Acordo, a pesar de que a día de hoxe, é a única vía que fai posible que se cobren 380€ brutos máis que na nómina de abril 2018, dos cales, case 300 son resultado directo do mesmo, porque caducada ou non, a ILP depende da formación dun Goberno que actualmente se atopa en funcións e cuxo percorrido é incerto con motivo da inestabilidade política existente. Ademais, a ILP non é máis que unha extensión do Acordo de equiparación. É o desenvolvemento da Cláusula 8. A publicación no BOE do rubricado o 12 de marzo de 2018, abre a porta á denuncia xudicial, no caso de que se incumpra algunha da Cláusulas do documento e significa, ir dando pasos cara á equiparación total pero asegurando o terreo, que é o que faría calquera bo negociador.


Ese tempo que non se detén, aínda que moitos así o quixesen. Chegará a tan esperada nómina de abril, que coincidirá co domingo electoral, no que uns quererán sacar rédito político e outros, falarán e falarán do ditoso IRPF porque é o que quedará ante a xa imposibilidade de soster e desexar que non se cobrase. Tirarán do populismo chamado 13.481 ou mesturarán Clases Pasivas con Réxime Xeral. Sempre terán algún motivo para sinalar aos sindicatos representativos, en especial ao SUP, conducindo o seu odio e ira cara aos seus delegados.


O pasado sábado Jusapol volvía ás rúas. O anuncio da convocatoria, facíano cando aínda se descoñecía se a Consultora ía achegar, en tempo e forma, os despregables do seu estudo, realizándose, iso si, tras coñecerse que se ía a cobrar na nómina do mes de abril o segundo tramo da equiparación. Non se entendían moi ben os motivos. Xurdía a pregunta: contra quen dirixes a mobilización cun Goberno en funcións? Era necesario axitar ás masas fronte a sindicatos e asociacións, aínda que o obxectivo prioritario, agora mesmo, para Natan e os seus, son as eleccións ao Consello de Policía. Diso, encargouse de deixar constancia no súa “speech” final, tras finalizar a manifestación do sábado en Madrid, pedindo de forma clara e contundente o voto para Jusapol nas eleccións sindicais do próximo 19 de xuño. Caretas fóra!


Marlaskaruedadeprensaconsejodeministros

Grande-Marlaska, ministro de Interior

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE