A produtora de Celda 211 busca figurantes para nova serie que se emitirá en toda España
Vaca Films é unha das produtoras audiovisuais máis exitosas en España. Resposable de taquillazos como Cela 211 ou A Sombra da Lei, agora lánzase á contratación de extras para un novo proxecto mediante audicións en dez localidades de Galicia.
Vaca Films é unha das produtoras audiovisuais máis exitosas en España. Responsable de taquillazos como Celda 211 ou La Sombra de la Ley, agora lánzase á contratación de extras para un novo proxecto mediante audicións en dez localidades de Galicia.
Fotograma de a A Sombra da Lei
Así, os castings da súa filial, Vaca TV, terán lugar en Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Arteixo, Negreira, Ferrol, O Burgo e Sada. "Búscanse figurantes de todas as idades, sexos ou razas" explica a compañía, que ademais especifica que en en o casting de mañá en Vigo os "perfís que máis buscamos" son "homes e mulleres de orixe árabe".
Lembrámosvos que mañá @VacaFilms organiza un casting nas nosas instalacións (na estación Marítima, xusto en fronte da oficina de turismo) para seleccionar figurantes para unha serie dunha cadea nacional que se rodará en #Vigo. #VigoPlatódeCine pic.twitter.com/81QutAlEXZ
— Vigo Filme Office (@vigofilmoffice) 8 de abril de 2019
Os lugares onde se rodará a serie, cuxo título e trama por agora descoñécense, son A Coruña, Ferrol, Vigo, As Pontes, Carballo, Sada, entre outros.
Mañá martes abrimos #Casting de #Figuración en #Vigo e #Cangas.
— Vaca Films (@VacaFilms) 8 de abril de 2019
📌En Vigo de 11h a 15h e de 16h a 20h na Oficina de Turismo
📌En Cangas de 10h a 14h e de 16h a 18:30h en Antiga Agraria pic.twitter.com/HBd8m11qPJ
Escribe o teu comentario