A Xunta sobe a 147 prazas para Auxiliar de Policía Local

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes a convocatoria para a cobertura de 147 prazas de auxiliares de policía local para este verán. A Xunta decidiu, así, aumentar en 38 o número de persoas contratadas para este servizo con respecto ao ano 2018.

|

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes a convocatoria para a cobertura de 147 prazas de auxiliares de policía local para este verán. A Xunta decidiu, así, aumentar en 38 o número de persoas contratadas para este servizo con respecto ao ano 2018.


5507260d04 20150223 patxot policia local 013


Deste xeito, varios concellos como, por exemplo, Bueu, Cedeira e Ponteareas, que non dispuxeron de prazas o ano pasado, si o farán este, con oito, catro e seis, respectivamente.


Noutros casos, a cifra de prazas será incrementada --O Carballiño e Vilagarcía, por exemplo--. En cambio, hai cinco concellos --A Pobra do Caramiñal, Cambados, Rianxo, Sada e Vilanova de Arousa-- que dispoñerán de menos prazas para este verán.


O prazo de presentación das solicitudes é de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG. As persoas que queiran ser contratadas deberán presentarse a unha oposición consistente en un test de 50 preguntas, ademais das probas físicas sinaladas na convocatoria. Tamén será necesario presentar o Celga 3 ou, na súa falta, realizar unha proba de coñecementos sobre a lingua galega.


Unha vez superado ese procedemento, as persoas admitidas e as incluídas na lista de reservas terán que superar un curso de formación teórico-práctico na AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública), un requisito indispensable para ser contratadas.


Este é o segundo ano no que os concellos --67 nesta ocasión-- delegan na Xunta a selección deste persoal de policía. A esta convocatoria de auxiliares se sumará proximamente un novo proceso de categorías de policía con máis de 120 prazas.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE