O Goberno puxo negro sobre branco, tal e como se comprometeu co PNV, a que o estado de alarma "non supoñerá obstáculo algún" para a celebración das eleccións que poidan convocarse durante a súa vixencia, como é o caso dos comicios vascos e galegos.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes a convocatoria para a cobertura de 147 prazas de auxiliares de policía local para este verán. A Xunta decidiu, así, aumentar en 38 o número de persoas contratadas para este servizo con respecto ao ano 2018.