A Mesa pola Normalización Ligüistica ironiza sobre a “imposición” do galego

Os datos da plataforma reflicten unha realidade totalmente distinta á que denuncian diversos partidos políticos.


|

Os datos da plataforma reflicten unha realidade totalmente distinta á que denuncian diversos partidos políticos.


A plataforma ‘A Mesa pola Normalización Ligüistica’ comezou unha campaña na que ironiza sobre a “imposición” da lingua galega. A pesar do discurso de varias forzas políticas, a plataforma lanza esta nova campaña para facer ver a situación de desprotección na que se atopa a lingua.


A Mesa lembra que a ensino infantil en galego nas cidades non supera o 8%, que a porcentaxe de xoguetes en galego que hai no mercado non supera o 0,6% ou que un 22,7% dos mozos galegos de entre 5 e 14 anos admiten non saber falar a lingua do país.


Cartaz Imposicion


Do mesmo xeito, a plataforma pon de manifesto que non existen diarios impresos en galego, que a cidadanía galega só ten acceso a un 4% de canles na súa lingua no total do espectro televisivo e que as sentenzas en galego e as pólizas de seguros son un 5% e un 1% respectivamente.


“AUSENCIA DE LIBERDADE”

Marcos Maceira, portavoz da Mesa, recalca que estes son só uns poucos exemplos que evidencian “a ausencia absoluta de liberdade para o uso do galego e a falta de dispoñibilidade”. Do mesmo xeito, advirte que esta situación non permite “vivir en galego con total normalidade” pola “inferioridade de condicións” á que se ve sometida a lingua.


“Os datos demostran que o discurso da imposición tan utilizado polo PP só esconde a vontade de reducir a cero a xa precaria presenza do galego como tamén demostra a vontade de prohibir o coñecemento o galego no acceso a funcionario autonómico manifestada publicamente polos líderes estatais do Partido Popular”, sentenza Maceira.  

relacionada O SERGAS non dispón de consentimentos informados en galego para os cidadáns
relacionada Nin a Casa Real escapa ao informe de ‘A Liña do Galego’
relacionada Máis persoal de la Xunta poderá ser funcionario pasando un exame cuxas preguntas lle facilitarán antes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE