Máis persoal de la Xunta poderá ser funcionario pasando un exame cuxas preguntas lle facilitarán antes

|

A Xunta amplía noutros 847 postos o proceso de "funcionarización", criticado polo principal sindicato de San Caetano, por ser "oposicións na Xunta con preguntas na man e os temarios encima da mesa".



Estudantes en exames de oposicións


POLÉMICA FUNCIONARIZACIÓN

A Xunta  apunta que se amplía a outros 847 postos o proceso voluntario de funcionarización do persoal laboral fixo, "o primeiro de carácter global que desenvolve a Administración galega na súa historia".


A diferenza da promoción interna, estas probas non teñen carácter competitivo, senón que permitirán modificar o réxime xurídico do traballador, que pasará de ser empregado laboral fixo a funcionario da Administración. A CIG, o sindicato máis votado nos servizos centrais da Administración Autonómica, criticou moi duramente este tipo de proceso, que cualifica de mero "paripé".  Tras negocialo con outras centrais, a Xunta confirmou que os candidatos poderán levar ao exame as leis do temario e, ademais, se publicarán todas as posibles preguntas antes da proba.


PROPOSTA DE OPOSICIÓNS PARA 2019

Por outra banda, a Xunta propuxo este venres ás organizacións sindicais a aprobación dunha oferta de emprego público no campo da administración xeral cun total de 1.543 prazas de acceso libre, "o que segue abrindo importantes oportunidades de emprego na Administración autonómica".


A esta cifra, segundo explica a Consellería de Facenda nun comunicado de prensa, súmanse outras 263 prazas para a promoción interna do persoal funcionario, e tamén se engaden outros 847 postos ao proceso de funcionarización pactado no acordo de concertación do emprego público, asinado este ano cos sindicatos CC.OO. e UXT.

A proposta trasladada ás organizacións sindicais recolle que o maior número de prazas de acceso libre concéntrase nas categorías de auxiliar coidador (323), limpador-fregador (181), camareiro-limpador (151), no corpo auxiliar (127), na agrupación de persoal subalterno (112) e na categoría de oficial 2ª cociña, con 97 prazas.

"A todas estas prazas poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos esixidos nas correspondentes convocatorias, e as probas desenvolveranse a través do sistema de concurso-oposición", sinala.

Ademais, indica que a proposta de decreto inclúe 263 prazas reservadas para a promoción interna do persoal funcionario. "A estas prazas só poderán acceder aqueles empregados públicos que xa teñen unha praza fixa na Administración e que queren opositar para conseguir un ascenso", indica.

As probas tamén se desenvolverán a través do sistema de concurso-oposición e, segundo precisa a consellería, "obviamente, son de carácter competitivo, aínda que no propio acordo de concertación do emprego público Xunta e sindicatos pactaron medidas que favorecen esta promoción".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress