A odisea de lograr un traballo para as galegas maiores de 55 anos
"É habitual que exista un desaxuste entre as súas competencias e as demandas do mercado, pero sobre todo, seguen pesando moito os prexuízos e estereotipos que as relacionan con profesionais obsoletas e condúcenas directamente ao descarte nos procesos de selección”- destaca Francisco Mesonero, director xeral da Fundación Adecco.
As desempregadas maiores de 55 anos duplícanse en Galicia durante a última década. Esta é unha das conclusións do VI Informe #Empleoparatodas revelado hoxe pola ETT Adecco. En total, son xa unhas 10.800 desempregadas neste grupo de idade; o que supón o 14% do total de paradas, fronte ao 8,4% que supoñían en 2008.
Traballadoras do sector conserveiro
O documento indica que as causas que subxacen tras este incremento tan pronunciado das desempregadas senior son, entre outras: un incremento da súa taxa de actividade que non vai acompañado da consecución dun posto de traballo, o paro de longa duración ou o envellecemento da poboación.
O PESO DOS ESTEREOTIPOS
As desempregadas maiores de 55 anos están especialmente expostas ao risco de pobreza e/ou exclusión. "É habitual que exista un desaxuste entre as súas competencias e as demandas do mercado, pero sobre todo, seguen pesando moito os prexuízos e estereotipos que as relacionan con profesionais obsoletas e condúcenas directamente ao descarte nos procesos de selección”- destaca Francisco Mesonero, director xeral da Fundación Adecco.
Apesar de que a súa contratación en Galicia incrementouse un 15% durante o último ano, o seu índice de pobreza xeral incrementouse ata o 31,5%. No caso das mulleres á fronte dunha familia monoparental ven disparado o seu índice de pobreza ata o 47,9%.
No informe colaboran "seis empresas comprometidas", entre as que destacan Naturgy, o antiga Gas Natural Fenosa.
Escribe o teu comentario