O Goberno promete buscar investidores para salvar Isowat

Javier Losada dialoga con representantes do persoal, que se concentraron ante a Delegación do Goberno


|

Javier Losada dialoga con representantes do persoal, que se concentraron ante a Delegación do Goberno



O delegado do Goberno en Galicia comprometeuse cos traballadores da planta de Isowat na Coruña a "impulsar" unha reunión co Ministerio de Industria, a Xunta e os posibles investidores.


Javier Losada reúnese con traballadores de Isowat

Fíxoo durante un encontro cos representantes do persoal, aos que recibiu tras a concentración que protagonizaron os traballadores ante a Delegación do Goberno.

Sobre a situación da planta coruñesa, o delegado do Goberno sinalou, en declaracións aos xornalistas, que o Executivo segue con "interese" a situación de Isowat e que tamén "traballa nas posibilidades dunha empresa en concurso", lembrou.

"O Ministerio de Industria está a tentar facilitar la procura dunha saída con mantemento da actividade e do máximo emprego, faio xunto á Seguridade Social e Facenda", subliñou.

COMPETENCIA, A XUNTA
Con todo, remarcou que "a máxima competencia tena a Xunta de Galicia, que ten competencias industriais e de traballo", aínda que apostilou que o Executivo quere "cooperar" para alcanzar unha solución.

Nese sentido, o delegado do Goberno detallou que o persoal pediulle unha reunión coa Xunta, o Ministerio de Industria e os posibles investidores. "Díxenlles que poñemos en marcha esa petición", avanzou.

Outro asunto que considerou "prioritario" é a percepción dos salarios a través de Fogasa, o Fondo de Garantía Salarial, un aspecto que tamén se comprometeu a impulsar desde a Delegación do Goberno.

A pesar de insistir en que a situación de Isowat é complicada, con acredores e decisións xudiciais", apelou á procura dun investidor que estea disposto a seguir coa actividade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE