Podemos e EU súmanse a Anova e rompen con En Marea

Podemos Galicia e Esquerda Unida apostan por reforzar a proposta de unidade popular e os acordos que adoptaron xunto con Anova en 2015, que lles levaron a concorrer as eleccións xerais en coalición, pero faríano agora á marxe de En Marea, que lidera Luís Villares e que controla a marca pola que se presentaron.

|

Podemos Galicia e Esquerda Unida apostan por reforzar a proposta de unidade popular e os acordos que adoptaron xunto con Anova en 2015, que lles levaron a concorrer as eleccións xerais en coalición, pero faríano agora á marxe de En Marea, que lidera Luís Villares e que controla a marca pola que se presentaron.


Miguel Anxo Fernán Vello, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, deputados de En Mare


Unha confirmación que chegou pouco despois de que á primeira hora deste sábado, Anova comunicase que iniciaba un proceso de diálogo con EU e Podemos, e sen citar en ningún momento a En Marea, para reforzar un proxecto de "unidade popular" en Galicia para as eleccións xerais do 28 de abril.

Tras isto, Podemos Galicia remitiu un comunicado no que alude a que "fai tres anos" construíron "unha alternativa plural para recuperar a democracia", cunha "alternativa de coalición e suma" que permitiu a Galicia ter unha "representación e interlocución inédita ata o momento".

En 2015, a coalición, baixo o nome de En Marea, obtivo seis deputados no Congreso, que baixaron a cinco nos seguintes comicios.

Pero ante o adianto electoral e a convocatoria de eleccións para o 28 de abril, Podemos Galicia "inicia o diálogo" coas tres mesmas forzas e coas mareas municipalistas, para impulsar, de novo, a "coalición electoral".

A formación que en Galicia lidera Antón Gómez-Reino, Podemos Galicia, sinala así que inicia o "diálogo cos aliados" cos que construíu "ferramentas de maiorías no país".

Tras isto, alerta da "ameaza" da "extrema dereita" aos dereitos das mulleres, o autogoberno ou o estado de Benestar e reivindica o "traballo feito ata aquí polo grupo de Marea no Congreso, que situou os "problemas da xente na axenda pública".

Reivindica, así mesmo, medidas políticas como a subida de 900 euros do Salario Mínimo Interprofesional ou a revalorización das pensións, como "exemplo de incorporación dunha nova axenda social".


ESQUERDA UNIDA APOSTA POR REFUNDAR A UNIDADE POPULAR

E na mesma liña, tamén se pronunciou Esquerda Unida, que fala directamente de "refundar a unidade popular en Galicia" para que o espazo "sirva realmente" como motor tamén dos espazos municipalistas.

Esquerda Unida "aposta claramente polo diálogo fraterno" coas outras forzas de esquerdas que "deron luz á confluencia dos anteriores procesos" e á "intelixencia e pluralidade das diversas propostas locais".

O adianto electoral das xerais e a celebración dos comicios municipais o 26 de maio, "obriga" a definir e concretar a actuación política de EU para "non pode ser outra" que a declaración de Mazarelos, de 2015.

Esquerda Unida confirma así que "comeza xa os contactos" cos espazos políticos cos que traballou desde a creación de AGE e coas candidaturas municipalistas para que "Galicia sexa tamén un muro de contención da tripla alianza das dereitas que ameaza cun programa ultra neste proceso electoral".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE