Villares evita valorar as baixas de catro concelleiros de Marea Atlántica

O portavoz de En Marea, Luís Villares, asegurou que está convencido de que Marea Atlántica elaborará "unha lista gañadora" para revalidar o goberno da Coruña. 


|

O portavoz de En Marea, Luís Villares, asegurou que está convencido de que Marea Atlántica elaborará "unha lista gañadora" para revalidar o goberno da Coruña. 


O portavoz de En Marea, Luís Villares, en rolda de prensa


Con todo, a preguntas dos medios, evitou pronunciarse sobre as baixas de concelleiras do equipo de goberno do rexedor herculino, Xulio Ferreiro.


E é que catro dos actuais edís de Marea Atlántica anunciaron que non repetirán na lista da candidatura municipalista que goberna A Coruña desde 2015. Tras as renuncias dos edís José Manuel Sande, Daniel Díaz Grandío e Eugenio Vieito; a última en dar un paso á beira foi Rocío Fraga, concelleira de Igualdade con competencias en Seguridade Cidadá.


Cuestionado sobre as saídas no equipo de goberno e a elaboración da lista electoral de Marea Atlántica, Villares limitouse a responder que se trata de decisións "orgánicas" que debe tomar "cada espazo municipal". "A eles correspóndelles facer unha lista que sabemos que será unha lista gañadora", resolveu.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE