Varios concelleiros da Coruña non repetirán na lista de Marea Atlántica

O alcalde agradécelles o "achegado" nestes catro anos de mandato

|

O alcalde agradécelles o "achegado" nestes catro anos de mandato


Tres concelleiros do goberno local coruñés non repetirán en Marea Atlántica para as eleccións municipais de maio, segundo comunicaron a través das redes sociais.


O primeiro en facelo foi na tarde do xoves o edil de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, ao que se sumaron a concelleira de Facenda, Eugenia Vieito, e o edil de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío.


Josemanuelsande

O edil de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande


No seu Twitter, Grandío afirma, en alusión ás primarias en Marea Atlántica, que empeza unha "viaxe" no que "toca abrir novas rutas". "Pero desta non o farei como tripulación por motivacións persoais", as mesmas alegadas por Sande.


Como o concelleiro de Culturas, cualificou tamén de "inesquecible" a experiencia vivida no Consistorio. "Cunha tripulación excepcional acorde aos momentos vividos", sinalou.


Mentres, a concelleira de Facenda, Eugenia Vieito, afirma que sempre estivo de acordo en que a política é "unha paixón e non unha profesión". "E cando non é así e os demais o aprecian, hai que deixala e coller aire", argumenta para explicar por que non formará parte da lista de primarias de Marea Atlántica.


AGRADECEMENTO DO ALCALDE

Aos tres, o rexedor agradeceulles o seu traballo. "Moitas grazas por todo o que achegastes neste tempo", sinala no seu Twitter. "Moitas grazas polo esforzo, polas horas de traballo, por estar aí nos logros e nas derrotas", engade.


Pola súa banda, Marea Atlántica, tamén en redes sociais, destaca o "labor comprometido co cambio" destes tres edís. "A memoria do compartido e o noso profundo agradecemento polo seu traballo honesto e sincero", manifesta.


PRIMARIAS

Estes anuncios prodúcense ante o próximo peche do prazo para presentar candidaturas no proceso de primarias de Marea Atlántica para elixir a lista que se presentará ás eleccións. Este prazo termina este domingo, día 3. Despois, entre o 15 e o 17 de febreiro, celebraranse as primarias.


A proclamación definitiva dos resultados coñecerase o 21 de febreiro e sete días despois, o 28, incluirase o nome de 'notables' que se incluirán na lista elixida previamente.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE