​Un lucro despreciable

Roberto González

Roberto González es secretario general del Secretario Unificado de Policía (SUP) en Galicia

Hai un ano que os 40 policías nacionais que se encargan da seguridade dos Xulgados na nosa comunidade non perciben as retribucións que lles pertencen. E non o fan polo absoluto desprezo ao que son sometidos por parte da Administración Xeral do Estado.


A pesar de asinarse o pasado 21 de decembro o Convenio de colaboración nesta materia, entre o Ministro do Interior e o Vicepresidente da Xunta e tras a súa publicación en BOE e Orde Xeral, a División Económica e Técnica da Policía Nacional, a pregunta do SUP na Comisión de Persoal e Proxectos Normativos do día 18 de xaneiro, persiste na absurda negativa a recoñecer un dereito que estes policías gañáronse coa súa suor e esforzo diario.


A creación das UVEX, remóntase ao ano 2006. O espírito dese servizo era o de reservar unhas prazas, para que os compañeiros que finalizaban a súa etapa profesional, puidesen continuar en Segunda Actividade con Destino ao principio e en activo, cunha determinada idade. Estes policías deixaban de percibir a produtividade anual das comisarías, pero eran compensados con outra das UVEX e co incentivo polas gardas que prestaban as fins de semana, naquelas sedes xudiciais nas que existe Xulgado de Garda. A día de hoxe, non cobran nin unha nin a outra.


Hai que sinalar que este servizo nunca foi ben visto pola Dirección Xeral da Policía. Algún responsable, con miras demasiado curtas para o debido a que ocupa, non abarca a entender que esta produtividade sufrágaa a Xunta de Galicia e que á DGP non lle custa un euro. A falta de convocatorias para completar as prazas, tiña abocado o servizo á precariedade e agora, co bloqueo na percepción das retribucións, está a piques de extinguirse.


Funcionarios, a día de hoxe, todos maiores de 60 anos, que de non estar destinados nestes servizos estarían, maioritariamente xubilados. Esta non é a mellor forma de recoñecerlle os servizos prestados durante moitos trienios de servizo público en múltiples destinos.


Ninguén consegue entender, e así o denunciamos recentemente a través do Portal de Transparencia, onde vai parar o diñeiro que consta ingresado pola Xunta de Galicia á Administración Xeral do Estado para retribuír os servizos destes funcionarios. Quen se está lucrando?


Estes días, na prensa gallega se abriu o debate sobre a transferencia de competencias á Xunta de Galicia, entre elas, unha Policía Autonómica propia integral. Habería que analizar moi ben os pros e os contras, pero a DGP, en xestión é un auténtico desastre e as UVEX son un bo exemplo diso.



PHOTO 2018 12 29 13 17 34

Protesta do SUP na Coruña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE