Tres meses de servizos mínimos na rede de subministracións coruñesa pola folga de Valoriza Auga

Os profesionais reclaman un convenio digno e piden unha proposta “seria” á dirección para desbloquear a folga indefinida.


|

Os profesionais reclaman un convenio digno e piden unha proposta “seria” á dirección para desbloquear a folga indefinida.


Protesta traballadores Valoriza Auga


En Valoriza Auga a situación mantense sen avances no referido á folga indefinida que manteñen os seus traballadores desde novembro de 2018. Os empregados piden un convenio colectivo “que lles permita recupera os dereitos económicos e laborais perdidos nos últimos anos”, segundo o comunicado da CIG. Por este motivo, manteñen as concentracións e protestas contra a empresa, á espera dunha proposta “seria” que axude a desbloquear a folga e crear un novo acordo.


Do mesmo xeito, tamén piden a readmisión e dous compañeiros eventuais despedidos durante a folga. “Parece que a empresa non ten présa por resolver o conflito, polo que pouco lle debe importar que o servizo público de mantemento na rede de subministracións de Coruña leve funcionando con servizos mínimos desde novembro”, denuncian os traballadores.


“A parte social presentou tres propostas diferentes, rebaixando as demandas iniciais co obxectivo de buscar un entendemento, pero sempre enfocadas a recuperar os salarios perdidos”, sinalan desde os empregados, que lamentan que cada proposta é respondida pola empresa “subindo unha miseria a súa oferta inicial e querendo sempre ir a un convenio de cinco anos, aínda que o contrato termina a finais de 2019”. “É un insulto aos traballadores, que non poden asumir esas dúbidas sobre os seus salarios, e á cidadanía da Coruña, que paga ese servizo”, sentencia o secretario comarcal da CIG, Xabier Filgueira. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE