Colisión en cadea de 15 vehículos a causa do xeo

Unha placa de xeo causou na mañá deste luns un accidente múltiple en Arteixo (A Coruña), no que se viron implicados 15 vehículos.

|

Unha placa de xeo causou na mañá deste luns un accidente múltiple en Arteixo (A Coruña), no que se viron implicados 15 vehículos.



Ligazón ac552 a55

Ligazón da AC-552 coa A-55


Segundo a información do 112-Galicia, o choque ocorreu pouco antes das 9,30 horas da mañá na estrada AC-552, preto da ligazón coa A-55.


Por mor dunha placa de xeo, os vehículos perderon o control e chocaron ata 15 coches, aínda que non houbo que lamentar feridos. Debido ao accidente, a circulación da vía viuse condicionada.


Ata a zona desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil de Arteixo, así como mantemento de estradas.


Por outra banda, un home de avanzada idade tivo que ser trasladado a un centro médico despois de saírse da vía o turismo no que circulaba. Sucedeu en Muxía (A Coruña), no punto quilométrico 2,5 da estrada DP-5201, uns minutos despois das 10,00 horas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE