Os transportistas deixan de fornecer material a ENCE desde hoxe


A Plataforma para a Defensa do Transporte de Madeira de Galicia e Asturias inicia este 24 de decembro o primeiro día dun paro indefinido que afecta as plantas que ten a empresa A Plataforma para a Defensa do Transporte de Madeira de Galicia e Asturias inicia este 24 de decembro o primeiro día dun paro indefinido que afecta as plantas que ten a empresa madeireira en Navia e Pontevedra. Con todo, a empresa afirma que non sufriu cortes na subministración e que a xornada se desenvolve "con normalidade".


|

A Plataforma para a Defensa do Transporte de Madeira de Galicia e Asturias inicia este 24 de decembro o primeiro día dun paro indefinido que afecta as plantas que ten a empresa A Plataforma para a Defensa do Transporte de Madeira de Galicia e Asturias inicia este 24 de decembro o primeiro día dun paro indefinido que afecta as plantas que ten a empresa madeireira en Navia e Pontevedra. Con todo, a empresa afirma que non sufriu cortes na subministración e que a xornada se desenvolve "con normalidade".


Ence madeira

A folga ameaza con deixar sen madeira a ENCE.


A pesar de que a papeleira non cambiou a súa postura con respecto ao comunicado emitido polos camioneiros hai dúas semanas, a Plataforma segue adiante coa presións á compañía e non fornecerá máis madeira a ENCEque se nega a readmitir ao camioneiro que agrediu cun martelo a un ciclista, motivo polo cal foi apartado pola empresa.


Con todo, a plataforma tamén reclama unha serie de melloras no que respecta á seguridade laboral. “Os nosos obxectivos van encamiñados a que se non se nos atenden as reivindicacións pasaremos denuncia a través da nosa asociación UITA á Inspección de traballo en Pontevedra e Asturias", declararon desde a plataforma.


Con todo, o punto máis conflitivo das reclamacións dos transportistas segue sendo no referido á reincorporación do camioneiro que agrediu a un ciclista, profesional ao que ENCE ademais acusa de ser “reincidente”. A madeireira ve a postura dos transportistas como “incívica e inxustificable” por amparar unha agresión, mentres que a Plataforma considera que a decisión tomada por ENCE responde a medidas “arbitrarias e abusivas”.

Doutra banda, os transportistas tambien denuncian presións por parte da compañía. "Temos coñecemento que alguén, usando a súa prepotencia irresponsable, está a realizar chamadas telefónicas a transportistas presionándolles para que non secunden o paro convocado pola Plataforma", expresaron desde a Plataforma. 


XORNADA DE NORMALIDADE

A pesar da ameaza dos transportistas, ENCE comunicou que a súa actividade está a desenvolverse con "total normalidade" en Pontevedra e Navia. 


Na nota asegura que se está vivindo unha xornada normal con "entrada de camións con materia prima de forma regular nas súas instalacións". Á súa vez, recalca que "a única motivación" da plataforma convocante da folga é "a defensa dun transportista expulsado que gredió de maneira absolutamente incívica e inxustificable cun martelo a uns ciclistas"


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE