O PP confía en que Cospedal deixe a política tras os audios do seu marido e Villarejo

A dirixente popular asegura que estas conversacións non teñen nada que ver cos casos xudicializados do Partido Popular.


|

Casado nunez e cospedal ep


O PP de Pablo Casado mostrou as súas discrepancias con Dolores de Cospedal e confía en que ela mesma anuncie que abandona a política nos próximos meses.


Desde a sede de Xénova, o PP espera que a dirixente popular abandone antes da Convención Nacional do partido que ten lugar en xaneiro.


O detonante foron os audios do seu esposo, o empresario López de Hierro, co polémico ex comisario José Manuel Villarejo, segundo os cales o marido de Cospedal recibiu ao policía no seu despacho da rúa Xénova.


Fontes do PP consideran que coas eleccións en maio, o PP non se pode permitir episodios deste tipo nin que se lles relacione con corrupción.


A exsecretaria xeral do Partido Popular e deputada no Congreso asegurou este luns nun comunicado que as conversacións do ex comisario co seu marido "non cambiaron nada" dos casos xudicializados contra o Partido Popular. 


Cospedal engadiu que o obxecto desas filtracións é "cubrir" o feito de que membros do Goberno negaron ata tres veces coñecer ao excomisario cando iso non era así.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE