Naturgy realizará simulacros en dúas presas de Ourense

O Plan de Emergecia que está a implantar Naturgy poñerá a proba as alarmas das presas de Salas e As Cunchas. O obxectivo é implementar a seguridade das presas. 



|

O Plan de Emergecia que está a implantar Naturgy poñerá a proba as alarmas das presas de Salas e As Cunchas. O obxectivo é implementar a seguridade das presas. 


Naturgy (Gas Natural)

Logo da empresa Naturgy


A sirena soará o luns 22 e o martes 23 de outubro, entre as 9,00 e as 18,00 horas, nas proximidades da presas ourensás de Salas e As Cunchas, nos concellos de Muíños, Lobios e Entrimo, no marco dunha proba incluída no Plan de Emerxencia que está a implantar a compañía Naturgy, ante a que os cidadáns non terán que realizar ningunha acción especial.

A empresa establece o Plan xunto coa Dirección Xeral de Emerxencias e Interior de la Xunta de Galicia, a Unidade de Protección Civil da Subdelegación do Goberno en Ourense e a Confederación Hidrográfica do Miño Sel.

Naturgy está a acometer a implantación dos Plans de emerxencia nas presas que xestiona dentro das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra, en cumprimento co establecido na Planificación de Protección Civil ante o Risco de Inundacións.

O obxectivo dos Plans de Emerxencia é incrementar as garantías de seguridade da presa, segundo informa a empresa nun comunicado. Afectan a diversos aspectos e establecen procedementos a levar a cabo no caso de que se produzan incidencias no normal funcionamento das instalacións.


Dentro das medidas do Plan inclúese a instalación dunha rede de sirenas na zona de influencia da presa, para alertar á poboación en caso necesario. Os plans afectan a diversos aspectos e establecen os procedementos que se teñen que levar a cabo no caso de que se produzan incidencias no normal funcionamento das instalacións.


Naturgy informou que se están desenvolvendo actuacións semellantes en toda España e que xa implantou oito Plans de Emerxencia de Presas plenamente operativos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE