Diversos colectivos alertan de que o novo plan forestal favorece a eucaliptización

Un grupo integrado por colectivos como Adega, a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais, CIG, Sindicato Labrego ou Fruga reclaman a retirada do borrador do futuro plan forestal impulsado pola Xunta. As organizacións advirten de que o plan é unha "estafa feita para o lobby da madeira" e que beneficia a eucaliptización do territorio galego.


|

Un grupo integrado por colectivos como Adega, a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais, CIG, Sindicato Labrego ou Fruga reclaman a retirada do borrador do futuro plan forestal impulsado pola Xunta. As organizacións advirten de que o plan é unha "estafa feita para o lobby da madeira" e que beneficia a eucaliptización do territorio galego. 


Colectivos reclaman a anulación do plan forestalMembros representantes dos diversos colectivos.


Alertan de que o texto inclúe unha cláusula "pola porta de atrás" para "asegurar o abastecemento da industria forestal". Diversos colectivos reclamaron a retirada do borrador do futuro plan forestal impulsado pola Xunta, xa que consideran o texto unha "estafa feita a medida para o 'lobby' da madeira".


Entidades ecoloxistas, sindicais e sociais como Adega, a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais, CIG, Sindicato Labrego e Fruga, entre outros, presentaron este mércores alegacións a este texto no rexistro da Xunta en Santiago, aínda que piden a "anulación" deste borrador e que se realice outro "contando con todas as entidades que forman e viven no mundo rural".

Así o explicou o presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais, Xosé Alfredo Pereira, quen alerta de que o texto en exposición pública inclúe unha cláusula "pola porta de atrás" para "asegurar o abastecemento da industria da madeira e forestal", que "non estaba no documento que se presentou no Consello Forestal".

A este respecto, avisa de que esta cuestión provoca que aínda que houbese un novo Goberno galego que quixese unha ordenación de eucaliptos "non podería facelo", xa que "bastaría cun informe da industria da madeira que dixese a cantidade de eucaliptos que necesita para botar abaixo este novo proceso".

Ademais, denuncia que o texto recolle o uso forestal como "o único" do monte, baseado en especies de crecemento rápido, mentres "mantén a forestación de terras agrarias", "favorece a industria da madeira de baixo valor engadido", "mantén a privatización do servizo na loita contra os incendios", á vez que aposta por "entregar gratis" os montes veciñais a empresas.

Por todo iso, estas entidades piden á Xunta un novo plan estratéxico co que poñer as bases para un monte "multifuncional e sustentable".


"FRACASO” DO PLAN DO 92 

Pola súa banda, Fins Eirexas (Adega) sinala que esta reforma constata o "fracaso" do plan forestal de 1992, debido a que nese documento prevíase que houbese 245.000 hectáreas de eucaliptos en 2035 e nestes momentos xa hai máis de medio millón. A isto únese, que o novo texto prevé o aumento noutras 35.000.

Tamén censura que se segue sen ter un catálogo de frondosas en Galicia, á vez que "abandona a idea de crear un certificación forestal propia galega", mentres "ignora" as especies invasoras e "pretende explotar hábitats protexidos como os bosques de ribeira".

E é que recrimina que a Xunta "abusa" do enfoque forestalista para "engordar o negocio de Ence", cunha aposta polos cultivos enerxéticos, biomasa forestal primaria, con "plantas de crecemento rápido" para queimar en térmicas e producir electricidade, o que producirá unha maior "presión" sobre o territorio.

"A Xunta vive nunha realidade paralela porque o único cristal que ve é o que lle pon diante Ence e a patronal da madeira", lamenta Eirexas.

relacionada A Xunta "invisibiliza" o "importante" papel da muller galega no monte no Plan Forestal de Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE