O concelleiro de Rexeneración Urbana non dimitirá como lle pide a oposición

O concelleiro de Rexeneración Urbana no Concello da Coruña, Xiao Varela, manifestou, ante as peticións para que dimita feitas desde o PP e o PSOE despois de que o Consello Consultivo considerase nula a compra de dous pisos para aluguer social, que o seu está cargo "a disposición" do alcalde.


|

O concelleiro de Rexeneración Urbana no Concello da Coruña, Xiao Varela, manifestou, ante as peticións para que dimita feitas desde o PP e o PSOE despois de que o Consello Consultivo considerase nula a compra de dous pisos para aluguer social, que o seu cargo está "a disposición" do alcalde.



Concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela


"O alcalde sábeo, ten o meu cargo a disposición constantemente", contestou a preguntas dos xornalistas despois celebrarse a comisión de Rexeneración Urbana na que o edil informou das actuacións que levará a cabo o goberno local tras a decisión do Consultivo.

Como xa avanzou este mércores, declararán a nulidade dun dos seis pisos adquiridos --só nun non existen dúbidas sobre o cumprimento das bases na súa compra-- e elevarán para nulidade ou posible nulidade outros catro.


En concreto, no da rúa Joaquín Martín Martínez, o goberno local coincidía, tras as denuncias feitas desde a oposición, en que había causas para a nulidade. Non así no caso do piso da rúa Santander, no que o Consello Consultivo, cuxo ditame é vinculante, alega tamén causas de nulidade.


O edil explicou, que seguindo "a doutrina que marca" o Consultivo, elevarán a este organismo o expediente doutros tres pisos para que determine se debe declararse a nulidade despois de que este organismo entenda que se vulnerou o criterio de "libre concorrencia" e non se cumpriron as bases do concurso.


"ERROS TÉCNICOS"

En declaracións aos xornalistas, o concelleiro vinculou con "erros técnicos" o sucedido. "A pesar de que cometesen un erro, confío na súa solvencia", dixo explicando que trasladou aos funcionarios do Servizo de Rehabilitación e Vivenda o seu "apoio".

Preguntado se pensa dimitir, ante as peticións da oposición para que se asuman responsabilidades, Xiao Varela manifestou que a súa intención non é "apoltronarse na cadeira de brazos". Con todo, considerou que a súa "responsabilidade" agora é "seguir traballando para que este concurso teña plena seguridade xurídica".


"Para min o máis importante é ter a confianza do alcalde", recalcou o edil, para quen a oposición "en cuestións de honestidade ten moi pouco crédito". Así, ha reprochando ao PSOE regalar " edificabilidade a unha empresa" no antigo edificio conde de Fenosa. "Cales son as políticas de vivenda do PP, a venda de vivendas a fondos voitre", preguntouse tamén.


REACCIÓN DA OPOSICIÓN

Desde a oposición, todos os grupos volveron a pedir que se asuman responsabilidades. Do concurso que motivou o ditame do Consultivo, a portavoz municipal do PP, Rosa Galego, dixo que "intencionadamente" o goberno local "non quixo anular" a compra dos pisos a pesar das denuncias da oposicion.


Tamén insistiu en que o alcalde herculino, Xulio Ferreiro, era "coñecedor" desta situación. Preguntada se cre que tamén o rexedor debería dimitir --despois de que este xoves esixise a dimisión de Xiao Varela e do edil responsable de Contratación, Alberto Lema-- manifestou que esperarán "ao que pase" no pleno extraordinario que solicitaron.

Pola súa banda, o concelleiro socialista José Manuel Dapena volveu a pedir a dimisión de ambos os edís e criticou que na comisión non se lles achegaron datos sobre os gastos de notario ou rexistro pola compra destes pisos ou para o acondicionamento das vivendas.

Mentres, a edil do BNG Avia Veira non pediu explicitamente a dimisión dos dous concelleiros, pero instou á Marea Atlántica a estar "á altura do seu discurso político".


"De asunción de responsabilidades, de ética, de acción de contas e agora é cando hai que demostrar a coherencia no discurso", sinalou cualificando de novo de "inxusto" que a dimisión se limite á xefa do Servizo de Rehabilitación e Vivenda.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE