Dimite a xefa de Vivenda da Coruña pola compra de dous pisos declarada nula​

O Concello comezou a revisar a compra de pisos en abril, cando se apuntou a unha persoa que colaborou coa Marea Atlántica e que despois foi fichada como asesor externo polo concello de Barcelona, Toni Lodeiro.


|

O Concello comezou a revisar a compra de pisos en abril, cando se apuntou a unha persoa que colaborou coa Marea Atlántica e que despois foi fichada como asesor externo polo concello de Barcelona, Toni Lodeiro.


A xefa do Servizo de Vivenda e Rehabilitación do Concello da Coruña, Natalia Codesal, presentou a súa dimisión despois de que o Consello Consultivo considerase nula a compra de dúas dos seis pisos adquiridos para aluguer social mediante un concurso convocado polo Consistorio.


Toni lodeiro asesor ada colau
Toni Lodeiro | Imaxe: Anna Xordana - opcions.org


Así o informou, en rolda de prensa, o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, quen, preguntado se el tamén pensa dimitir, dixo que o alcalde ten a súa dimisión "nas mans, todos os días".


"El sábeo", recalcou, achacando a "responsabilidade" de que o Consello Consultivo tomase esta decisión sobre a compra de dous pisos a "erros humanos" no proceso de selección dos pisos. Segundo a portavoz municipal do PP, Rosa Galego, os inmobles serían aquiridos a un fundador de Marea Atlántica. 


Con todo, negou inxerencias do goberno local no concurso, aínda que admitiu que se seguiron unhas bases "que se demostraron incorrectas". Agora, o Concello, e en base aos criterios seguidos polo Consello Consultivo -cuxas decisións son vinculantes-, exporá a este organismo se outros tres inmobles, dun total de seis adquiridos, deben ser "obxecto de nulidade".


ASESOR DE ADA COLAU

O Concello da Coruña comezou a revisar a compra de pisos en abril deste ano, cando se apuntou a unha persoa que participou como fundador coa Marea Atlántica e que despois foi fichada polo concello de Barcelona, Toni Lodeiro


Os pisos anulados corresponden á rúa Joaquín Martín Martínez e á rúa Santander, sinaladas polo PP como propiedade de Lodeiro. Así as cousas, a compra doutros tres pisos podería ser anulada nun novo procedemento de revisión que iniciará o Goberno local. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE